DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











PLENO

Andrés Torres Queiruga, membro electo

Naceu en Aguiño, Ribeira (A Coruña), o 28 de maio de 1940. Cursou os primeiros anos da carreira eclesiástica no Seminario de Santiago de Compostela e logo fixo os cursos de Filosofía e Teoloxía na Universidade Pontificia de Comillas.

Despois da ordenación sacerdotal permaneceu varios anos en Roma para prepara-la súa tese de doutoramento, estancia que combinou co tempo que pasaría en Alemaña en varios centros teolóxicos daquel país. A súa tese de doutoramento versou sobre o pensamento do filósofo e teólogo compostelán Amor Ruibal, tese que mereceu as máximas cualificacións na Universidade Gregoriana.

Profesor de Filosofía da Relixión na Universidade de Santiago de Compostela, foi o coordinador dun equipo de especialistas en Sagradas Escrituras que traduciron a Biblia ó galego. Director da revista Encrucillada. Revista Galega de Pensamento Cristián e membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega desde o 20 de xuño de 1980 é autor de numerosos libros e traballos.

Entre as súas publicacións pódense destacar: Teoloxía e Sociedade (1974), Constitución y evolución del Dogma. La teoría de Amor Ruibal y su aportación (1977), Recupera-la salvación (1977), obra pola que recibiu o Premio da Crítica de 1978 e que foi traducida ó castelán en 1995, Nova aproximación a unha filosofía da saudade (1981), Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri (1990), O inferno a revisión (1995), El problema de Dios en la Modernidad (1998), entre outras.

Colaborou en varias obras colectivas e publicou numerosos artigos en diversas revistas.

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205