|
COMISIÓN EXECUTIVA
Secretario:
Xosé Henrique Monteagudo Romero
Nado
en Muros (A Coruña), en 1959. Licenciado en Filoloxía Hispánica
(Galego-Portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela (1981)
e Profesor Axudante (1982-86) e Profesora Asociado (1986-97) nesta
mesma universidade.
En
1995 acada o doutoramento en Filoloxía pola Universidade de Santiago
e convertese en profesor titular de Filoloxía Galega e Portuguesa
a partir de 1997. Desde 1982, Henrique Monteagudo é investigador
do Instituto da Lingua Galega (USC). Ocupou
o posto de 'Assistant Lectores' na Universidade de Birmigham (Reino
Unido) entre os anos 1988-89 e foi profesor visitante na City University
of New York (1996) así como Profesor Invitado na Universidade de
Lisboa (1998).
Coordinador
da Sección de Lingua Galega do Consello da Cultura Galega (CCG)
e director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística,
tamén ocupa o cargo de secretario do Consello da Cultura Galega
desde 2000. Monteagudo é co-coordinador do Informe sobre Política
Lingüística e Normalización en Galicia da Sección de Lingua Galega
do CCG desde 1998 e é membro do Consello
de Redacción da revista Grial. Revista Galega de Cultura,
desde 1989.
En
canto ós recoñecementos cos que foi distinguido pódese destacar
o Premio da Crítica 'Galicia' de investigación, en 1987, o 1º Premio
de "Ensayo sobre las lenguas y literaturas gallega, vasca y catalana"
da Universidade Nacional de Educación a Distancia (Madrid), 1998,
o premio "Antón Losada Diéguez" de investigación (2000).
Ten publicado traballos sobre literatura galega medieval, historia
externa da lingua, planificación lingüística e gramática e lexicografía
galegas e, de entre as súas publicacións destacan: o estudio
Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia (1985,
coautor), Gramática galega ( 1986, coautor), Estudios
de sociolingüística galega (1995, editor) e a monografía Historia
Social da Lingua Galega (1999, autor).
Ten
editado textos de Rosalía de Castro, Castelao e Ramón Otero Pedrayo
e os seus traballos publícanse en revistas especializadas como Grial
(Vigo), Verba (Santiago), Coloquio/Letras (Lisboa), Signo y Seña
(Buenos Aires), Portuguese Studies (Cambridge), entre outras.
|