DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











PLENO

Iago Seara Morales, membro electo

Nado o 26 de agosto de 1948 en Ourense. Estudiou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. En 1976, sen ter rematada a carreira, dirixiu a exposición e a campaña para a defensa do Teatro Principal de Ourense, que hoxe se atopa rehabilitado; presenta, en 1977, o seu traballo de fin de carreira baixo o título Rehabilitación do Teatro Principal de Ourense. O exercicio da súa profesión iniciouno na súa cidade natal con Obradoiro de Arquitectura, estudio no que colabora con Alfredo Freixedo ata o ano 1983.

Desde 1978 a 1980 foi membro da Comisión de Cultura do COAG e, como tal, colaborou no nacemento da revista Obradoiro, órgano de expresión do COAG. En 1982 é elixido como membro do Padroado do Museo do Pobo Galego e, desde 1980, forma parte do Grupo Marcelo Macías, vinculado ó Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Entre 1983 e 1991 é Xefe do Servicio de Patrimonio Arquitectónico da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, cargo desde o que potencia as restauracións de Santo Estevo de Ribas de Sil e Santa Cristina, entre outros, ademais de elaborar monografías e organizar seminarios e exposicións.

Xa establecido como profesional en Santiago, foi nomeado relator t écnico para a Rehabilitación do Cuartel do Hórreo como nova sede do Parlamento de Galicia, unha obra que levou adiante Manuel Andrés Reboredo Santos. Do mesmo xeito, desde 1989 e ata a finalización das obras, foi arquitecto asistente de Álvaro Siza para a obra e proxecto do Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago.

Obtivo, entre outros, o Premio Ateneo de Ourense 1985 de Obra Nova, o Premio de Obra Nova do COAG en 1990, foi seleccionado para a primeira e segunda Bienal de Arquitectura Española e recibiu o Primeiro premio para o proxecto e realización dun Edificio para Residencia de Estudiantes en Lugo. En 1997 a reforma da tenda de roupa Antonio Pernas en Madrid recibiu o premio AEPD.

Autor de numerosas vivendas e obras de rehabilitación en moitos edificios históricos de Galicia, Iago Seara ten, entre os seus últimos proxectos, a restauración e conservación da Catedral de Tui e a rehabilitación das Torres do Allo (A Coruña).

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205