|
PLENO
Santiago
Nogueira Romero, Academia de Xurisprudencia e Lexislación
de Galicia
Nado
en Santiago. Estudiou na Facultade de Dereito da Universidade de
Santiago de Compostela, onde se licenciou no ano 1951, coa cualificación
de Sobresaliente. No mesmo ano obtivo o premio da Fundación Fernández
Carril. Desde entón exerce a profesión de avogado en Santiago de
Compostela, e está incorporado ós Colexios de Galicia e Madrid.
Académico
fundador e numerario da Academia de Xurisprudencia e Lexislación
de Galicia, profesor da Facultade de Dereito da Universidade de
Santiago de Compostela durante 24 anos, Santiago Nogueira foi membro
primeiro, e logo presidente, do Padroado da Universidade onde exerceu
a docencia. Membro do Consello Social da USC na primeira lexislatura
foi designado para este posto polo Parlamento mentres que xa na
segunda obtivo o posto por designación da Xunta de Galicia.
Director
xeral no Ministerio de Cultura durante o segundo mandato de Adolfo
Suárez á fronte do Executivo tamén ocupou o posto de conselleiro
do Instituto de Reforma y Desarrollo Agrario (IRYDA). Formou parte
da Comisión Xestora para a redacción dos Estatutos da Sociedade
de antigos alumnos e amigos da Universidade de Santiago e foi vicepresidente
na súa primeira Xunta Directiva.
Activo conferenciante en cursos de Dereito Civil, interveu na Comisión
non Parlamentaria de Dereito Civil en Galicia, e foi protagonista
fundamental da lei de recurso de casación ante o Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia, lei sobre a que publicou un traballo e deu
unha conferencia en Madrid. Neste sentido debe terse en conta que
Galicia é a única Comunidade Autónoma que conta cunha Lei especial
de Casación.
Habitual
colaborador da Revista Xurídica Galega, ten publicados distintos
traballos sobre temas de Dereito Procesual, en especial relacionados
co recurso de casación.
|