DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











COMISIÓN EXECUTIVA

Vicepresidente: Francisco Díaz-Fierros Viqueira
(Seminario de Estudios Galegos)

Naceu en Vilagarcía de Arousa, o 4 de xullo de 1941. É doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1967), é catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola na Universidade de Santiago de Compostela desde 1987. Como docente dirixiu 24 traballos de licenciatura, ademais de 16 teses de doutoramento.

Conferenciante e membro de numerosas Sociedades Científicas nacionais e internacionais, ten participado en máis de trinta proxectos científicos ou técnicos financiados, ben como membro do equipo ben como investigador principal ou director. Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural entre 1975 e 1980, tamén ocupou o cargo de presidente da Sección I (Física do Solo) da Sociedade Española de Ciencia do Solo entre 1988 e 1996.

É presidente da xunta rectora do Seminario de Estudios Galegos desde 1980 membro do Consello da Cultura Galega, primeiro como coordinador da Sección de Patrimonio Natural (1983-1998) , a partir de 1999 coordinador da Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade e, desde xullo do 2002, vicepresidente primeiro da institución. Ademais destes postos, Díaz Fierros é académico numerario da Real Academia de Farmacia. Sección de Galicia (2000) e académico correspondente da Real Academia de Farmacia do Instituto de España. Desde 1999 ocupa o cargo de director da Colección Historia Natural do Proxecto Galicia, de Edicións Hércules.

Díaz-Fierros desenvolveu distintas liñas de investigación nos seus traballos: os factores de formación do solo, as propiedades físicas de solos de zonas húmidas, a avaliación e cartografía de solos de Galicia e zona húmida, a erosión, os procesos de degradación de superficies queimadas ou a paleoecoloxía, son algúns dos ámbitos que estudiou nas súas numerosas publicacións científicas.

Contribución a la climatología de Galicia (1971), Los gallegos (1976), As especies forestais e os solos de Galicia (1982), Suelos naturales de Cantabria (1985), A natureza ameazada. Xea, flora e fauna de Galicia en perigo (1989), Os solos da Terra Cha (1992), As Augas de Galicia (1996), Un Novo Mundo para un home universal. Saída de Humboldt de A Coruña cara á súa viaxe americana en 1799 (1999), son algunha das publicacións nas que participou como coordinador ou é autor..

Díaz-Fierros recibiu o premio "Fray Bernardino de Sahagún" da Deputación de León para traballos científicos en 1972, o "Federico Maciñeira" da Deputación da Coruña (1980) e o Premio da Crítica á Investigación Científica (1996).

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205