|
PLENO
Manuel C.
Díaz y Díaz, Instituto de Estudios Xacobeos
Nacido
en 1924. Licenciado en Filoloxía Clásica na Universidade de Madrid
en 1945, onde leu a súa tese de doutoramento (1949) titulada El
latín de Valetio del Bierzo. Contribución al estudio del léxico
visigodo. Catedrático de Instituto (1949-1952), catedrático
de Filoloxía Latina nas Universidades de Valencia (1953-1956), Salamanca
(1956-1968) e Santiago (1968-1989), e profesor emérito da Universidade
de Santiago, recibiu en 1979 a Medalla ó Mérito Docente da Orde
de Afonso X O Sabio, ó ter cumpridos 25 anos de Catedrático.
En 1980
foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Clásica
de Lisboa e en 1991 a Xunta concedeulle a Medalla de Prata de Galicia.
No 93 foi nomeamendo doutor honoris causa pola Universidade
de Salamanca e, ó ano seguinte, o Concello de Santiago de Compostela
concédelle a Medalla de Ouro da cidade ó mérito cultural. En 1997
recibe o Premio Nacional de Investigación en Humanidades Menéndez
Pidal e no ano 2001 convértese en doutor honoris causa pola
Universidade de León.
Díaz y Díaz é membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán
(Berlín), da Real Academia Galega, da Academia das Ciencias de Lisboa,
da Real Academia de Bones Lletres (Barcelona), do Monumenta Germaniae
Historica (München), da Medieval Academy of America (Cambridge,
Mass.), así como membro do Comité de Expertos do Camino de Santiago
do Consello de Europa e do Comité de Expertos do Camiño de Santiago
da Xunta de Galicia.
Autor de numerosas publicacións, pódense destacar: Index Scriptorum
Latinorum medii aeui hispanorum (1959), obra de consulta clásica
da que se está a preparar unha segunda edición aumentada e corrixida,
Libros y Librerías en la Rioja Altomedieval (1979, 2ª ed.
1991), Visiones del Más Allá en Galicia durante la Edad Media
(1985), De Santiago y los Caminos de Santiago (1997), Enciclopedismo
e sapere cristiano tra tardo-antico Medioevo (1999) ou Asturias
en el siglo VIII (2001).
|