DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











PLENO

Blanca Jiménez Alonso, Fundación Penzol

María Blanca Jiménez Alonso nace en Ribadeo (Lugo) o 21 de febreiro de 1926. Tras formarse na carreira de Maxisterio, Blanca Jiménez casa en 1948 con Fermín Penzol, establecendo a súa primeira residencia na localidade de Castropol, en Asturias.

Como consecuencia do traballo de Fermín Penzol como Rexistrador da Propiedade, o matrimonio tamén verase na obriga de trasladarse a vivir a Canarias e a Barcelona aínda que, a partir de 1973, establecen a súa residencia definitiva en Santiago de Compostela.

Blanca Jiménez comparte co seu marido a paixón pola cultura e a bibliografía galega. No ano 1963 inaugúrase en Vigo a Biblioteca Penzol, xurdida como froito da doazón que Penzol fai da súa extensa e rica colección bibliográfica e documental.

Trala morte do seu marido, Fermín Penzol, en 1981, Blanca Jiménez é nomeada Presidenta da Fundación Penzol.

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205