DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











PLENO

Xosé Ramón Barreiro Fernández, membro electo

Nado en Santa Uxía de Ribeira (A Coruña) o 2 de decembro de 1936. Licenciouse e doutorouse en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. En 1974 obtivo a licenciatura en Filosofía e Letras, con premio extraordinario. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese El campesino gallego en el s. XIX: economía e sociedade e catedrático de Historia Contemporánea de Galicia na mesma universidade. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia da universidade compostelá. Desde o 20 de decembro de 2001 é o presidente da Real Academia Galega.

Entre as súas achegas ó campo xurídico destacan, entre outras, El origen litúrgico del Derecho Canónico ou La estabilidad del beneficio mentres que a súa obra histórica repártese en numerosos libros e estudios. Barreiro Fernández participou en diversos congresos nacionais e internacionais, dirixindo os organizados sobre Estudios Xacobeos (1970), Rosalía de Castro (1985) e Otero Pedrayo (1988).

Os seus traballos de investigación, centrados sobre todo na historia contemporánea de Galicia, están recollidos en artigos e obras publicadas en castelán e en galego. De entre eles pódense destacar: El carlismo gallego (1976), Historia Contemporánea de Galicia (1981), obra pola que recibiu o Premio da Crítica 1982, La imprenta en Galicia (1982), Historia de la imprenta en Galicia (1990) ou os catro volumes dedicados ós séculos XIX e XX que publicou dentro do proxecto editorial Galicia (1991).

Ademais do Premio da Crítica co que foi galardoado en 1982, Barreiro Fernández recibiu o Premio Televisión Española en Galicia (1988). É membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, do Centro de Estudios Xacobeos, do Instituto José Cornide, do Seminario de Estudios Galegos e do Consello da Cultura Galega.

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205