DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











PLENO

Joaquín Arias y Díaz de Rábago, Fundación Barrié de la Maza

Nado o 1 de novembro de 1916, Joaquín Arias traballou como rexistrador da propiedade xubilado. Entre os cargos que mantivo destaca o de vicepresidente da Fundación Pedro Barrié de la Maza, así como vicepresidente do Banco Pastor e conselleiro de Hullas del Coto Marqués.

En canto á súa vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela, cabe salientar que foi vocal de dous órganos colexiados desta universidade, como son o Instituto Universitario da Lingua Galega e o Instituto de Ciencias Neurolóxicas Pedro Barrié de la Maza.

Arias y Díaz de Rábago tamén mantivo relación con outras institucións educativas e culturais como son o Padroado do Centro de Cálculo P. Barrié de la Maza, do que foi vocal, o mesmo cargo que ocupou no Padroado do Museo de Pontevedra, na C.E. do Centro de Fundacións Españolas e no Consello da Cultura Galega.

Así mesmo foi presidente do Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza, presidente do Padroado da Escola Universitaria de Traballo Social, académico correspondente da Real Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario e académico de número da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

Joaquín Arias y Díaz de Rábago foi distinguido como Cabaleiro da Orde Civil de S. Gregorio Magno concedido por S.S. O Papa, a Encomenda de Isabel a Católica, a Encomenda con Placa da Orde Civil de Afonso X O Sabio, a Medalla de Prata da Universidade da Coruña e a Insignia de Ouro de ASOMEGA (Asociación de Médicos Gallegos).

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205