O seminario interdisciplinar "O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) iniciará o xoves 9 de febreiro ás 17 horas no Consello da Cultura Galega o seu sexto ano de reflexións e debates, logo da súa posta en marcha en febreiro de 2007 baixo a coordinación do profesor Ramón Maiz, membro do Plenario da institución. As actividades reanudaranse co relatorio "¿Cómo é que non hai un dereito humano á túa cultura propia?, protagonizado por Bartolomé Clavero, catedrático de Historia do Dereito e das Institucións, da Universidade de Sevilla e membro do Foro Permanente das Nacións Unidas para as Cuestións Indíxenas.Para participar no seminario cómpre comunicalo a: difusion@consellodacultura.org
Santiago, 01/02/2012
Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205