Logo CCGLogo CCG  

Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios
Conclusións e informes dos debates celebrados no CCG
Incendio
Foto: Al-Pin

Descarga de materiais (en PDF)
Síntese global
Documento completo

O ameazador e reiterado impacto dos incendios forestais en Galicia require análise e debate, acerca das causas e das circunstancias que orixinan e propician os lumes, e formulación de medidas e alternativas para intentar neutralizar, ou reducir, un problema de enormes costes ambientais e socioeconómicos.

O Consello da Cultura Galega, que xa prestara atención a esta complexa realidade, logo dos incendios do verán de 2005, considerouse obrigado a facelo máis unha vez despois da grande vaga de lumes de 2006. Con esa finalidade convocou a máis de cincuenta expertos que traballaron en tres paneis de debate (Cuestións ecolóxicas e silvícolas; Aspectos económicos, sociais e políticos; Percepción social, educación cívica e información).

Os resultados, informes e conclusións destes debates plurais e interdisciplinares ven agora a luz. Os expertos aconsellan a diversificación de especies e usos do monte e afirman a necesidade de acadar un equilibrio entre a redución da biomasa combustible e a integridade do ecosistema. Reclaman un único organismo que xestione, coordine e unifique todas as medidas de conservación e a posta en valor dun monte hoxe maioritariamente abandonado ou mal xestionado. Chaman tamén a atención sobre a conveniencia dunha estratexia de comunicación proactiva, non reactiva, e denuncian a ausencia de coñecemento e de contidos educativos nos centros de ensino sobre os problemas e as potencialidades do monte. En definitiva, apostan por unha mellor percepción do problema por parte da sociedade e por unha cultura silvícola moderna e propia para dar pasos conducentes á superación dun mal que alcanza ao conxunto da sociedade galega.

 


Desglose por partes

1. PRESENTACIÓN
Descarga en pdf

2.SÍNTESE GLOBAL
Descarga en pdf

3. PARTICIPANTES NOS DEBATES
Descarga en pdf

4. CONCLUSIÓNS
Descarga en pdf


5. DEBATES
Descarga en pdf


Anexos

1. Glosario [pdf]

2. CRUZ GUERRERO, Raquel; LAGO NÚÑEZ, María de Los Ángeles: Estudio de balance hídrico y viento
Comparación del año 2006 con años anteriores
. [pdf]

3. GARCÍA MIRA, Ricardo; GARCÍA GONZÁLEZ, Carmela: A PERCEPCIÓN SOCIAL DOS INCENDIOS
DE 2006 EN GALICIA
. Unha análise do risco en relación coa información, a confianza, a educación e a participación. [pdf]

4. DANS DEL VALLE, Francisco: Medidas estratéxicas contra os lumes en Galicia. [pdf]

5. PEREIRAS LÓPEZ, Xesús; PUENTES GRAÑA, Aurora: Educación e incendios [pdf]

6. PEREIRA, Xosé; BARBEIRA, Sergio; TOURAL, Carlos: Análise das informacións publicadas por La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Progreso e La Región sobre os incendios forestais en Galicia nos veráns de 1985, 1989 e 2006. [pdf]

7. RÚAS, Xosé: A Comunicación Público-Institucional no caso dos incendios. [pdf]

8. VEGA HIDALGO, José A: Impacto de los incendios sobre suelo y vegetación forestales en Galicia y desarrollo de una selvicultura preventiva. [pdf]

Logo CCGLogo CCG


Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca
Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas
Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205