| |

A Sección
de Arquitectura do Consello da Cultura Galega vén celebrando
nos últimos anos unha serie de xornadas de achegamento á
arquitectura de territorios españois e portugueses de especial
significación cultural. O proxecto, baixo o título
"Arquitectura e Identidade Cultural", abordou en sucesivos
encontros a identidade arquitectónica de Lisboa, Cataluña,
Madrid, Andalucía, País Vasco e Navarra, Canarias
e Castela -A Mancha, Azores e Madeira.
En
cada unha destas xornadas, algúns dos máis destacados
arquitectos e teóricos de cada territorio ofreceron un achegamento
ordenado e metódico á súa traxectoria e á
da arquitectura da súa comunidade. Figuras de recoñecido
prestixio como Federico Correa, Mansilla & Tuñón,
Josep Llinás, Juan Navarro Baldeweg ou Cruz & Ortiz expuxeron
a súa obra e pensamento xunto a novas xeración representadas
por profesionais como José Morales e Cristina Díaz
& Efrén García. Froito deste encontro de escolas
e xeografías xorde un rico retrato da arquitectura española
e portuguesa, un proxecto pioneiro no estudo da arquitectura peninsular,
que pode comezar a coñecer neste especial.
|

|
|