DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións










EXPOSICIÓNS>>EXPOSICIÓN

(26/11/02)

BETANZOS ACOLLE A MOSTRA 'GALICIA-AMÉRICA', QUE RECOLLE CINCO SÉCULOS DE RELACIÓNS ENTRE AMBOS POBOS

Despois de Cambre, a mostra 'Galicia- América. Cinco séculos de Historia, chega ó concello de Betanzos, onde se exporá no seu edificio do Liceo a partir do xoves, 5 de decembro.

Nesa data terá lugar a inaguración oficial, que contará coa presencia do presidente do CCG, Alfonso Zulueta, e o alcalde de Betanzos, Manuel Lagares Pérez.

Composta por cen paneis e seis capítulos, esta exposición resume a relación que Galicia mantivo ó longo de cincocentos anos con América a través dunha montaxe orixinal que facilita o percorrido pola mostra, a modo de follas de libro.

As principais cidades e vilas galegas, así como outras moitas localidades americanas (Montevideo, Uruguai, A Habana, ec.) xa acolleron esta mostra, creada en 1992.


 

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205