DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións










EXPOSICIÓNS>>EXPOSICIÓN
 

FREI ROSENDO SALVADO (1814-1900)
O BISPO DOS SEN ALMA

Do 15 de setembro ó 15 de novembro, a cidade natal de Frei Rosendo Salvado, Tui, acolle unha mostra que rescata os aspectos menos coñecidos da obra cultural deste monxe que participou na formación de Australia no século XIX, onde fundou un mosteiro.

O obxectivo que se persegue con esta mostra, organizada co galo do centenario da morte do pai Salvado o 29 de decembro pasado, é rescatar aqueles aspectos menos coñecidos da súa obra cultural, facendo valoracións e estudios etnolóxicos do impacto que causou a súa presencia nunhas terras nas que ata entón resultara moi difícil penetrar, xa que tódolos intentos da Igrexa por cristianiza-los seus habitantes fracasaran.

Na exposición, ademais da Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade e a Sección de Cultura Galega no Exterior, colaboran outras institucións como o Museo e Arquivo Histórico Diocesano no Bispado de Tui- Vigo, o concello de Tui, xulgado de Tui, Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Visita o especial de Culturagalega.org sobre Frei Rosendo Salvado
(10/09/01)


 

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205