Conexões IV. A literatura brasileira hoje. Diálogos Galiza-Brasil

Encontro. CONEXÕES

Conexões IV. A literatura brasileira hoje. Diálogos Galiza-Brasil

17, 18 e 19 de outubro de 2011
Santiago de Compostela
Encontro
CONEXÕES

Conexões IV. A literatura brasileira hoje. Diálogos Galiza-Brasil

17, 18 e 19 de outubro de 2011 Santiago de Compostela

O evento Conexões IV:-A Literatura Brasileira hoje. Diálogos Galiza-Brasil, que terá lugar en Santiago de Compostela, entre os días 17-19 de outubro de 2011 constitúe o primeiro encontro deste teor que se desenvolve na Europa.


A orixe desta iniciativa está no proxecto Conexões-Mapeamento Internacional da Literatura Brasileira. Trátase dun programa da área de Literatura do Itaú Cultural (Brasil) (http://conexoesitaucultural. org.br/) que, desde 2008, constitúe un espazo de reflexión e debate e elabora unha base de dados sobre a difusión e a presenza da literatura e da cultura brasileiras no exterior. Esa cartografia permite planificar e desenvolver políticas concretas de apoio á difusión e coñecemento da literatura e da cultura brasileiras a nivel internacional.


Trátase do cuarto encontro internacional do programa do Itaú Cultural e o segundo realizado fóra do País –o primeiro foi na Universidade de Wisconsin-Madison (EUA). No Brasil tiveron lugar os encontros de pesquisadores, tradutores e escritores brasileiros e estranxeiros en São Paulo (2008) e no Rio de Janeiro, en parcería coa Universidade Federal do Rio de Janeiro (2009). Alén diso, o Conexões Itaú Cultural xa presentou o seu mapeamento internacional da literatura brasileira na reunión da Associação Europeia de Pesquisadores em Brasil (Universidade de Salamanca, 2009), no 10º Congresso Internacional da Brasa (Brazilian Studies Association) (Brasília, 2010), alén de participacións no Fórum das Letras 2010 (Ouro Preto-Minas Gerais) ou das edicións de 2010 e 2011 na Festa Literária Internacional (FLIP) de Paraty. Conexões IV será co-organizado polo Itaú Cultural e o Consello da Cultura Galega, coa colaboración da Embaixada do Brasil en Madrid e Fundación Cultural Hispano- Brasileña e da Universidade de Santiago de Compostela. Os responsables son Claudiney Ferreira (Itaú Cultural), Felipe Lindoso (consultor do Itaú Cultural) e Carmen Villarino Pardo (USC).


Este Encontro pretende que escritores/as brasileiros/as (con traxectorias amplamente consolidadas e con obras traducidas en diversos países: Luiz Ruffato, Márcio Souza, Cíntia Moscovich, João Almino, Marçal Aquino e Marco Lucchesi) e expertos brasilianistas tanto do ámbito internacional (Florencia Garramuño -Univ. De Santo Andrés, Buenos Aires-, Leonardo Tonus - La Sorbonne, Paris IV- e Darlene Sadlier –Univ. De Indiana, EUA,) como español (Pedro Serra - Universidade de Salamanca-, Antonio Maura –Universidade Complutense de Madrid-, e Elena Losada –Universidade de Barcelona), poidan discutir en mesas-redondas sobre as dinámicas actuais da literatura brasileira e as dificultades para se inserir nos espazos da crítica e dos mercados internacionais e contrastar esa situación con escritores/as galegos/as homólogos e con críticos literarios, editores, pesquisadores, docentes e tradutores. A participación galega conta con figuras destacadas do ámbito da investigación e da escrita como Anxo Quintela, Carlos Quiroga, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carmen Villarino, Elías Torres, Iolanda Zúñiga, Manuel Bragado Suso de Toro, Víctor Fernández Freixanes, ou Xavier Queipo.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro
15705 Santiago de Compostela