A protección dos camiños históricos en Galicia

Xornada.

A protección dos camiños históricos en Galicia

6 e 7 de marzo de 2013
Santiago de Compostela
Xornada

A protección dos camiños históricos en Galicia

6 e 7 de marzo de 2013 Santiago de Compostela

Por camiños históricos entendemos todos aqueles camiños que serviron a unhas relacións entre os núcleos previas ao trazado das estradas a partir da segunda metade do século XVIII. A asimilación que se produciu en Galicia entre os camiños históricos e os Camiños de Santiago fixo que se esquecesen o resto dos camiños, tamén históricos e cun interese turístico e social, previos aos de Santiago, como ocorre cos camiños megalíticos, castrexos ou as vías romanas; coetáneos cos de Santiago, como toda a rede de camiños de orixe medieval que comunicaban mosteiros, vilas e cidades, sen pasar por Santiago; ou posteriores, como os camiños de roda e reais a partir do século XVI, nos que se apoiaban as relacións comerciais de Galicia.


A experiencia en Galicia de protección, sinalización e conservación dos Camiños de Santiago, especialmente durante as dúas últimas décadas, por parte da Administración autonómica, desde o punto de vista xurídico foi impulsada pola Lei 3/1996, de protección do Camiño de Santiago. Debater nestes momentos sobre o que ocorreu parece oportuno. Proxectar esta experiencia cara ao futuro tratando de que a lexislación se estenda ao resto dos camiños históricos, algúns como a vía romana XVII, que atravesa o sur de Galicia sen ningún tipo de protección, parece necesario.


Por outra parte, o territorio histórico en Galicia non pode ser recoñecido, protexido e valorado culturalmente sen ter en conta o papel que desempeñaron os camiños históricos na súa construción. Reflexionar sobre iso, unindo a experiencia na Administración á dos profesionais preocupados pola conservación do patrimonio cultural, xustifica a realización destas xornadas dende o Consello da Cultura Galega.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org
www.consellodacultura.org

MAÍS INFORMACIÓN

MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.org
difusion@consellodacultura.org 

Ficha técnica 
Xornada.
A protección dos camiños históricos en Galicia
Cando
6 e 7 de marzo de 2013
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org
www.consellodacultura.org

Coordinación
Yolanda Barriocanal López
Carlos Nárdiz Ortiz
Inauguración
Xesús Vázquez Abad
Ramón Villares
Modera
María Dolores Méndez Torres
Iago Seara Morales
Participante
Julián Alonso García
Carlos Amoedo
Ignacio Cerrada
María Diz Rodríguez
Marcial Gondar Portasany
Teresa Nieto Freire
Daniel Pino Vicente
Ricardo Polín
Antón Pombo Rodríguez
Marcial Rodríguez Rodríguez
Javier Sanz Larruga
Presenta
María del Carmen Martínez Insua
Relator/a
Yolanda Barriocanal López
Ignacio Cerrada
Xosé Ramón Menéndez Luarca
Carlos Nárdiz Ortiz
Organiza
Consello da Cultura Galega