En Galicia e no exterior organizaranse actos literarios ao redor da obra de Álvaro Cunqueiro.

Abril, 2. Santiago. Acto literario “Cunqueiro, a maxia da palabra”, con Quico Cadaval e Cándido Pazó, no ciclo ‘Galicia, ceo das letras / Sábados de autor’, organizado pola Fundación Cidade da Cultura / Xunta de Galicia.

Abril, 16. Mondoñedo. Acto público en conmemoración ingreso de Álvaro Cunqueiro na Real Academia Galega. Organiza a RAG, coa colaboración do Concello de Mondoñedo. Salón de actos do Seminario de Mondoñedo.

Xuño, 15. Santiago de Compostela. Recital poético, lectura de poemas de Álvaro Cunqueiro, coordinado por Luís González Tosar e organizado polo Consello da Cultura Galega.

Actos literarios en Madrid e Barcelona, organizados polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, coa coordenación de Carlos González-Reigosa (Madrid) e Basilio Losada (Barcelona).