No 2011 temos unha cita co universo literario e biográfico de Álvaro Cunqueiro: celébrase o centenario do nacemento do escritor.

Desde o Consello da Cultura Galega presentamos un avance dos eventos conmemorativos que organiza ou nos que participa o CCG e poñemos a disposición pública os fondos documentais que dispoñemos sobre o escritor.
Uncategorized

15 de setembro en Barcelona: Cunqueiro e a cultura catalana

No faladoiro Cunqueiro e a cultura catalá participarán Pere Gimferrer, Jordi Gracia, Basilio Losada e Fernando Valls. Será o 15 de setembro ás 19 horas na Sala Prat de la Riba do Institut d’Estudis Catalans (Carrer del Carme, 47) en Barcelona.

2 de Xuño en Lugo: faladoiro sobre o popular na obra de Álvaro Cunqueiro

O 2 de xuño, ás 19:30 na Aula Sociocultural NovacaixaGalicia (Praza de Santa María s/n) de Lugo, celebrarase un novo faladoiro de Cunqueiro baixo o título: “O popular na obra de Álvaro Cunqueiro”. Nel participarán os escritores Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Antonio Reigosa e Armando Requeixo. Aquí pódese descargar o folleto en PDF.

Cunqueiro e o teatro europeo do seu tempo: conferencia de Ricard Salvat

Ofrecemos un novo audio do Arquivo Sonoro de Galicia sobre Álvaro Cunqueiro. Desta volta, trátase dun fragmento dunha conferencia do destacado especialista Ricard Salvat sobre Cunqueiro e o teatro europeo da época. Aquí pode consultar o resto dos audios xa publicados sobre Cunqueiro ou coa propia voz do autor.

Ricard Salvat. Conferencia: Cunqueiro y el teatro europeo de su tiempo. Mondoñedo, 12 setembro 1991. Col. Consellería de Cultura e Xuventude.