No 2011 temos unha cita co universo literario e biográfico de Álvaro Cunqueiro: celébrase o centenario do nacemento do escritor.

Desde o Consello da Cultura Galega presentamos un avance dos eventos conmemorativos que organiza ou nos que participa o CCG e poñemos a disposición pública os fondos documentais que dispoñemos sobre o escritor.
A Cociña Galega con Cunqueiro

A Cociña Galega con Cunqueiro

10.000 libros e 10.000 pratos. Participa nunha gran campaña do Consello da Cultura e os restaurantes de Galicia para homenaxear a Cunqueiro.
Cunqueiro na súa voz

Cunqueiro na súa voz

No Arquivo Sonoro de Galicia presérvanse numerosas gravacións de Álvaro Cunqueiro ou doutros autores valorando a súa obra. Presentámoslle unha ampla escolma sonora dos fondos.
Novidades

6 de outubro en Pontevedra: Os intelectuais galegos e o franquismo

O xoves 6 de outubro, ás 20 h., o Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá o Faladoiro Cunqueiro: “Os intelectuais galegos e o franquismo”, coa participación de Xosé Fortes, Olivia Rodríguez, Xesús Alonso Montero e Luís Cochón. Pode consultar máis datos aquí.

Novos libros sobre Álvaro Cunqueiro dispoñibles para descarga

Na Mediateca do Consello da Cultura Galega xa pode descargar de balde tres publicacións sobre Álvaro Cunqueiro. Trátase de Na Mesa con Cunqueiro, Álvaro Cunqueiro en Ortigueira e as Preactas do Congreso “Mil e un Cunqueiros”.

15 de setembro en Barcelona: Cunqueiro e a cultura catalana

No faladoiro Cunqueiro e a cultura catalá participarán Pere Gimferrer, Jordi Gracia, Basilio Losada e Fernando Valls. Será o 15 de setembro ás 19 horas na Sala Prat de la Riba do Institut d’Estudis Catalans (Carrer del Carme, 47) en Barcelona.

8 de setembro na Coruña: faladoiro sobre a obra dramática de Álvaro Cunqueiro

No faladoiro A obra dramática de Álvaro Cunqueiro participarán Ánxeles Cuña, Manuel Lourenzo, Euloxio Ruibal e Laura Tato. Celebrarase o 8 de setembro ás 19:00 horas no Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña (PALEXCO).

Dispoñible o programa provisional do congreso “Mil e un Cunqueiros”

O Congreso “Mil e un Cunqueiros” xa ten programa provisional. Pode consultarse nesta páxina. A preinscrición ao congreso poderase realizar tamén na mesma páxina a partir do día 15 de xuño, mércores.

2 de Xuño en Lugo: faladoiro sobre o popular na obra de Álvaro Cunqueiro

O 2 de xuño, ás 19:30 na Aula Sociocultural NovacaixaGalicia (Praza de Santa María s/n) de Lugo, celebrarase un novo faladoiro de Cunqueiro baixo o título: “O popular na obra de Álvaro Cunqueiro”. Nel participarán os escritores Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Antonio Reigosa e Armando Requeixo. Aquí pódese descargar o folleto en PDF.

Cunqueiro e o teatro europeo do seu tempo: conferencia de Ricard Salvat

Ofrecemos un novo audio do Arquivo Sonoro de Galicia sobre Álvaro Cunqueiro. Desta volta, trátase dun fragmento dunha conferencia do destacado especialista Ricard Salvat sobre Cunqueiro e o teatro europeo da época. Aquí pode consultar o resto dos audios xa publicados sobre Cunqueiro ou coa propia voz do autor.

Ricard Salvat. Conferencia: Cunqueiro y el teatro europeo de su tiempo. Mondoñedo, 12 setembro 1991. Col. Consellería de Cultura e Xuventude.

Aberto o prazo para o envío de comunicacións ao Congreso ‘Mil e un Cunqueiros’

Xa se poden remitir comunicacións ao Congreso ‘Mil e un Cunqueiros’, que organiza o Consello da Cultura Galega entre os días 28 de setembro e 1 de outubro de 2011, con sedes na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Aquí poden consultar máis información.

Presentación do Programa de Actividades do Ano Cunqueiro

Hoxe presentouse no Consello da Cultura Galega o programa de actividades, coa asistencia do Presidente do CCG, Ramón Villares, e o Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela.

Asistiron representantes das institucións integradas na Comisión que preparou o programa (Consello da Cultura Galega, Consellería de Cultura e Turismo, Concellos de Mondoñedo e Vigo, Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago e a Real Academia Galega) e o seu coordinador Henrique Monteagudo.

O programa previsto inclúe, entre outras moitas actividades, un congreso internacional e unha exposición itinerante.

Na organización ou patrocinio das actividades do programa “2011, Ano Cunqueiro” colaborarán asemade a Deputación de Lugo, a Escola Superior de Arte Dramática, a Fundación Cidade da Cultura, a Sociedade Estatal de Conmemoraciones Culturales e a Axencia Galega de Industrias Culturais.