|
| SISTEMA
CULTURAL EN REDE |
|
|
|
Dende
o Consello da Cultura Galega, ó longo do ano 1999, comezáronse
a xerar expectativas sobre a posibilidade de contribuír á
difusión cultural de Galicia a través dun medio en
continua expansión: Internet. As iniciativas que se están
a xerar dende entón están a crear un sistema cultural
en Internet en Galicia enfocado cara a tres ámbitos: contidos
divulgativos, contidos para investigadores e información
corporativa.
|
| OBXECTIVOS
|
|
|
O
SERVICIO PÚBLICO
Expertos do Consello da Cultura Galega salientaron a necesidade
de representa-la cultura galega en Internet
Dende 1999, o incremento masivo de Internet como canle de comunicación
puxo nas mentes dos expertos que colaboran co Consello da Cultura
Galega a necesidade de empregar Internet como xeito de achega-la
cultura ós cidadáns galegos e tamén para a
súa difusión internacional, especialmente nun momento
en que as industrias culturais e os contidos de ocio están
a ver un incremento das súas posibilidades.
O primeiro paso foi a retransmisión en directo dos actos
do Consello da Cultura Galega: o organismo leva a cabo un gran número
de xuntanzas científicas ó longo do ano e considerouse
a posibilidade de non restrinxi-la súa audiencia a aqueles
que tiveran posibilidade de achegárense á sede central
en Santiago de Compostela. Deste xeito, chegouse a un acordo coa
Compañía de Radio Televisión de Galicia para
aproveitar a difusión pública destes actos en aberto
para quen quixese seguilos cun sistema técnico sinxelo e
moi estendido.
|
| PRIORIDADES
|
|
FACER
DA CULTURA ALGO DE TODOS
Unha planificación axeitada dos contidos e as posibilidades
multimedia podían facer chega-la cultura a colectivos ata
o momento pouco interesados
En xuño do ano 2000, o Consello da Cultura Galega centrouse
nun dato indicador de cal era a permeabilidade social da cultura
galega. O baixo número de galegofalantes entre a xente nova,
segundo o Mapa Sociolingüístico de Galicia, era unha
alerta de que a cultura galega tiña unha ameaza para a súa
pervivencia como algo vivo e dinámico. Así mesmo,
en Internet non existían iniciativas de longo alcance que
permitisen unha difusión da cultura galega.
Deste xeito, decidiuse contribuír coa creación dun
portal de divulgación da cultura galega. Fixéronse
estudios sobre a existencia de iniciativas similares anteriores
noutras culturas periféricas europeas e non se puido atopar
algo semellante. Decidiuse que os primeiros pasos na presencia da
cultura galega non debían centrarse no "meter por meter
cultura", senón a través da planificación
dunha estratexia de contidos centrada nas diferentes linguaxes de
comunicación que chegan á xente nova e homologa-lo
novo sitio web con outras iniciativas semellantes que visitan os
galegos en Internet. Así naceu culturagalega,org,
unha iniciativa que está a xerar moito tráfico internacional
cara ós contidos culturais galegos. O portal foi deseñado
na súa integridade por un equipo de xornalistas mozos.
|
| FUTURO
|
|
|
SEMPRE
SUMAR ESFORZOS
As
institucións de Galicia deben poñerse de acordo
para colocar en Internet os seus importantes contidos culturais
con rapidez
Estar en Internet é unha cuestión de urxencia para
Galicia. O baixo número de internautas (255.000, segundo
as últimas estatísticas do EGM) é un síntoma
preocupante da baixa penetración da Sociedade da iInformación
en Galicia. Pero xunto a isto, os galegos que navegan en Internet
non parecen estar particularmente interesados nos contidos producidos
no seu país.
Un dos motivos (non o único, evidentemente) está
na escasa presencia de contidos galegos. No campo da cultura,
a maior parte dos esforzos viñeron dados por honrosas contribucións
de individuos, asociacións e empresas concienciadas coa
lingua e cultura galegas, pero a ausencia de boa parte do noso
patrimonio cultural é notable.
Deste xeito, é preciso pórse a traballar na posta
en marcha de proxectos culturais en Internet que ofrezan unha
perspectiva integrada da cultura galega, en conexión, evitando
duplicar esforzos e de xeito colaborativo. Este é o mellor
xeito de conseguir unha maior presencia, facilidade de acceso
para os interesados e asegura-la presencia cultural de Galicia
na rede.
Dende o Consello da Cultura Galega seguimos a traballar na mellora
dos nosos contidos culturais na rede, analizando e avaliando de
xeito continuo o que temos xa creado e observando as reaccións
do público. O noso seguinte obxectivo será a creación
na rede de espacios para investigadores, sincronizando o traballo
dos nosos equipos de investigación na institución
coa edición en rede dos seus contidos e camiñando
para atopar solucións activas para a presencia cultural
de Galicia en Internet.
|
|
| FITOS
MÁIS REPRESENTATIVOS |
 |
Retransmisión
dos seus actos en directo a través de Internet.
A CRTVG e o Consello da Cultura Galega poñen en marcha
un sistema para a retransmisión en directo dos seus actos.
|
O
Consello da Cultura Galega, a Fundación Castelao e Vieiros
crean o Museo Castelao
O Museo virtual recolle a vida e a obra de Castelao.
|
| O
Consello da Cultura Galega presenta o portal culturagalega.org.
O portal recolle a actualidade cultural de Galicia e ofrecer
contidos de divulgación, en colaboración co Centro
de Supercomputación de Galicia. |
| O
web corporativo do Consello da Cultura Galega redeséñase
tendo en conta á interactividade cos usuarios. |
| |
|
| ¿QUERES
INTERCAMBIAR EXPERIENCIAS? |
| |
Poida
que a experiencia do Consello da Cultura Galega en Internet
che axude a orienta-los teus contidos ou proxectos culturais
en Internet. Se é así, non dubides en
consultarnos por correo electrónico. Podemos
manter mesmo algunha xuntanza para intercambiarmos experiencias.
Escribe a correo@consellodacultura.org.
Este servicio non inclúe desenvolvemento de
webs nin a execución dos traballos. Ten unicamente
funcións de intercambio de experiencias. |
|
|
|
|
|