DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións










PRESIDENTES


CARLOS CASARES MOURIÑO

Escritor, catedrático de Literatura, director da Editorial Galaxia, o terceiro presidente tivo diante o reto da integración da institución na era das novas tecnoloxías.

Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense no ano 1941 e faleceu o 9 de marzo de 2002. Entrou a formar parte do Plenario do Consello da Cultura Galega como representante da Real Academia Galega e, tralo pasamento de Xosé Filgueira Valverde, foi elixido como presidente do Consello o 14 de outubro de 1996.

Escritor, catedrático de Literatura, presidente de Honra de ACNUR en Galicia e director da Editorial Galaxia, participou en encontros de escritores celebrados en París, Londres, Liverpool, Moscova, Leningrado, Nova York, Santiago de Chile e Bos Aires, entre outras cidades. Conferenciante nas universidades de Madrid, Oviedo, Barcelona, Londres, Trier ou Heidelberg, en 1993 obtivo unha bolsa do Literarisches Colloquium Berlin para unha estadía dun mes na sede desta organización, en Wannsee, co obxecto de traballar na súa última novela.

Director da revista Grial, Casares estivo vencellado ó xornalismo a través das colaboracións que mantivo en distintos xornais como El País, El Paseante e outros xornais e revistas españois e estranxeiros, como a revista Du de Zürich ou, durante varios anos, a columna diaria que publicaba en La Voz de Galicia. Carlos Casares obtivo numerosos premios, entre eles o Premio da Crítica Española en 1975 e 1997 e o Premio da Crítica Galega en 1982.

Galardoado novelista
En 1988 foi finalista, xunto con Álvaro Pombo, do Premio Nacional de Narrativa. No ano 1989 o Goberno de Galicia outorgoulle o máis alto galardón literario que se concede neste país polo conxunto da súa obra. Como escritor Casares cultivou o relato breve e a novela, destacando de entre a súa obra, o libro de contos, Os escuros soños de Clío, a novela Ilustrísima ou Os mortos daquel verán.

Os relatos de Carlos Casares aparecen en numerosas antoloxías e súa última novela foi Deus sentado nun sillón azul, publicada en 1996. Ademais de escritor e traductor, mesmo fixo a versión española das súas novelas e contos, Carlos Casares tamén realizou traballos de investigación literaria e dirixiu cursos de verán sobre a a obra de Camilo José Cela.





 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205