|
1984,:
O
decreto 127 do 19 xullo aproba o regulamento da lei do CCG. Posteriormente, o decreto 237 do 29 de setembro aprobou o novo regulamento da lei
1988:
O Parlamento aproba o primeiro presuposto: 37,5 millóns de
pesetas
1990:
Morre
Ramón Piñeiro o 27 de agosto . Novo presidente do CCG : Xosé
Fernando Filgueira Valverde, nomeado o 28 de agosto.
1994:
Cambio
de sede do Consello, que pasa da Rúa do Vilar ó segundo andar
do Pazo de Raxoi. Inauguración o 28 de xullo.
1996,
13 de setembro: O presidente
do Consello, Xosé Filgueira Valverde, morre ós 89 anos. O
14 de outubro, o plenario do Consello elixe a Carlos Casares
como novo presidente.
2000:
Presentación
do portal cultural www. culturagalega.org (10 de outubro).
Carlos Casares é reelixido presidente do Consello da Cultura
Galega en outubro.
2001,
17 de maio:
Presentada o novo web do CCG, www.consellodacultura.org
2002:
O 9 de marzo falece repentinamente
Carlos Casares. O 17 de abril, o vicepresidente da institución,
Alfonso Zulueta, é escollido para continuar o traballo
de Casares.
2003:
O Consello da Cultura Galega celebra o XX Aniversario da súa
creación
2004:
a exposición
"Galicia, o sorriso de Daniel" participa no Fórum
Universal das Culturas de Barcelona
2005:
as
xornadas sobre "Os incendios forestais en Galicia"
reúnen ao sector no CCG
2006:
O 20 de abril o Pleno do CCG elixe Presidente a Ramón
Villares Paz.
|