1983: Creación
do Consello da Cultura Galega (8 de xullo). Primeiro presidente:
Ramón Piñeiro López.
1984,
19 de xullo: Apróbase a Lei pola que se regula o funcionamento
do CCG.
1985:
Celébrase o Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de
Castro e o seu tempo, organizado polo Consello en colaboración
coa USC.
1986:
O Consello dótase dos primeiros funcionarios para realizar labores
administrativas. Publícanse as actas do Congreso Internacional
de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo.
1987:
Primeiras publicacións: O galego no ensino público non
universitario, A igrexa e a lingua, Galicia sen
libros: Informe sobre o libro galego 1986,
así como unha homenaxe a Xosé Filgueira Valverde, a través dun
número da serie As nosas voces, elaborada polo Arquivo
Sonoro de Galicia.
Subir
1988:
O Parlamento aproba o primeiro orzamento para o Consello: 37,5
millóns de pesetas. Ano Internacional de Ramón Otero Pedrayo,
con motivo da conmemoración do centenario do seu nacemento (1888-1988).
Aprobadas as comisións de Deseño Gráfico e Industrial, Arquitectura,
Dereito Galego e Antropoloxía Cultural.
1989:
O Consello colabora na publicación que recolle os 25 anos da revista
Grial. Comeza o estudio antropolóxico Lindeiros da Galeguidade,
co que se pretende establece-los límites culturais de Galicia,
sen ter en conta os límites administrativos. Ramón Piñeiro é reelixido
como presidente do Consello.
1990:
Morre Ramón Piñeriro o 27 de agosto de 1990. O novo presidente
do Consello da Cultura Galega vai ser Xosé Fernando Filgueira
Valverde, nomeado o 28 de agosto.
1991:
I Seminario
Internacional de Planificación Lingüística. Celébrase o II Simposio
de Lindeiros de Galeguidade, que analiza as pautas culturais dos
límites de Galicia. Simposio Intercéltica. O CCG reclama a creación
do Parque Natural dos Ancares e maniféstase a favor da
creación dunha segunda canle da TVG.
Subir
1992:
Comeza a exposición itinerante Galicia e América: cinco séculos
de historia, mostra que será o cerne da creación do
Arquivo da Emigración Galega. O Consello demanda a inmediata paralización
das obras en curso que a Xunta quere facer no Camiño de Santiago.
1993:
Ano
dedicado a Eduardo Blanco Amor. Os orzamentos do Consello superan
por vez primeira os 100 millóns de pesetas. Publicación do primeiro
Informe da Comunicación en Galicia e dun informe sobre
o futuro centro de Arte Contemporánea de Galicia. Conmemóranse
os 70 anos da creación do Seminario de Estudos Galegos.
1994:
Cambio de sede do Consello, que pasa da rúa do Vilar ó segundo
andar do Pazo de Raxoi. (responsable do proxecto: Pedro de Llano,
cun orzamento de preto de 122 millóns de pesetas). Inauguración
o 28 de xullo de 1994. Declarado o Ano de Luís Seone, homenaxes
ó escritor ó que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
1995:
Reelixido Xosé Filgueira Valverde como presidente do Consello
da Cultura Galega. Celebración do 3º centenario do nacemento de
Frei Martín Sarmiento, coa organización dunha exposición itinerante
e dun congreso internacional. I Encontro de Arquitectos galegos
e do Norte de Portugal. Simposio sobre Medicina popular e Antropoloxía
da Saúde, homenaxe a Antón Fraguas.
Subir
1996:
O presidente do Consello, Xosé Filgueira Valverde, morre
ós 89 anos, o 13 de setembro. O 14 de outubro o plenario do Consello
elixe ó escritor ourensán Carlos Casares como novo presidente.
Primeiro número da revista dedicada á emigración galega Estudios
Migratorios (2 de febreiro), unha ferramenta para investigadores
e unha contribución ó acervo cultural galego.
1997:
Simposio
Internacional de Antropoloxía In Memoriam Xosé Filgueira
Valverde" (xullo)
1998:
O Consello
promove a creación da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Celébranse xornadas sobre teatro, comunicación, cultura ou fotografía.
1999:
Primeira
retransmisión en directo dunha conferencia, a que ofreceu Armand
Mattelart, a través do sitio web do Consello. Primeira edición
do Premio do Arquivo da Emigración Galega.
2000:
Presentación do portal cultural www. culturagalega.org (10 de
outubro). Carlos Casares é reelexido como presidente do CCG en
outubro. Teñen lugar numerosas xornadas e simposios sobre antropoloxía,
artes plásticas, teatro, comunicación, emigración e normalización
lingüística.
2001:
Presentado
o novo sitio web do Consello da Cultura Galega. Congreso Internacional
Galicia dende La Galice. Homenaxe a Abel Bouhier. Posta
en marcha dunha mostra sobre a chegada da luz a España, A noite
está varrida da terra.
2002:
Morre o terceiro presidente do CCG, Carlos Casares (9 de marzo).
Elexido novo presidente da institución o vicepresidente
Alfonso Zulueta de Haz (17 de abril). O portal Culturagalega.org
estrea novo formato (21 de xuño).
2003: O Consello da Cultura Galega celebra
o XX Aniversario da súa creación.
En
marzo celebrouse un seminario científico internacional
sobre "Os efectos das mareas negras do Prestige", organizado
pola Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade.
2004:
O 21 de xaneiro foi presentada a edición facsímile
do Códice de Toledo das Cantigas de Santa María,
do rei Afonso X "O Sabio".
En abril celebrouse
o congreso "Galicia-Irlanda: dúas Fisterras europeas".
O 18 de xuño
presentouse, a publicación "Efectos económicos,
sociais e ambientais das mareas negras do "Prestige".
En edición bilingüe: galego e inglés.
O 28 de xuño
foi inaugurada na Universidade de Barcelona a exposición
"Galicia, o sorriso de Daniel", un achegamento á
realidade de Galicia. Amostra, organizada pola Sección
de Cultura Galega no Exterior, integrouse no circuito das actividades
do Fórum Universal das Culturas de Barcelona.
2005:
En outubro
celébranse os IX Encontros para a Normalización
Lingüística, organizados polo Centro de Documentación
Sociolingüística de Galicia, do CCG.
En novembro
teñen lugar as xornadas sobre "Os incendios forestais
en Galicia", organizadas pola Sección de Ciencia,
Técnia e Sociedade.
O 2 de decembro,
a Comisión Técnica de Xénero presentou o
"Album das mulleres", espazo web integrado en culturagalega.org
2006:
O 20 de abril o Pleno do CCG elixe Presidente a Ramón Villares
Paz.
O 13 de xuño
o Presidente, Ramón Villares, defende o carácter
singular e o rango estatutario do CCG na súa comparecencia
na Comisión para Reforma do Estatuto de Autonomía
de Galicia.
Do 13 ao 15
de xullo celebrouse o congreso "Galicia: éxodos e
retornos", organizado polo Arquivo da Emigración Galega.
O 27 de xullo
presentouse LOIA, unha guía na rede ao servizo da divulgación
e o coñecemento do idioma galega. En galego, castelán
e inglés.
O 28 de xullo
o Pleno do CCG aprobou o informe sobre o Arquivo Nacional de Galicia,
da Cidade da Cultura, solicitado pola Consellería de Cultura
e Deporte da Xunta de Galicia.
Subir