DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións





ORGANIZACIÓN
DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA


Outros órganos

Ademais da Comisión Executiva e o Pleno, nesta institución tamén existe a Comisión de Publicacións, o Gabinete de Asesoramento e os Comisariados de Exposicións.

Comisión de Publicacións
Exerce a función de asesor da Comisión Executiva con respecto ás edicións do Consello da Cultura Galega. Do mesmo xeito, é a encargada da fixación dos termos nos que se establecen os convenios de coedición do Consello con outras entidades, organismos ou editoriais.

Actualmente, a Comisión de Publicacións está formada por Ramón Villares, Henrique Monteagudo Romero, Manuel C. Díaz y Díaz, Antón Santamarina Fernández, Xosé López García, Andrés Torres Queiruga e Víctor F. Freixanes.

Gabinete de Asesoramento
A Presidencia do Consello poderá estar asistida dun Gabinete de Asesoramento, composto por un máximo de tres membros, designados libremente polo Presidente.

Programas
Baixo este epígrafe encádranse aqueles proxectos que se van consolidando, pero que aínda non teñen un carácter permanente. É o caso do portal cultural Culturagalega.org e o Museo Virtual Castelao. O crecente emprego de Internet como canle de comunicación e a escaseza de contidos en galego na rede fixo necesaria a creación destas ferramentas, para achegar a cultura ós cidadáns galegos empregando novas linguaxes de comunicación para difundi-los cuantiosos e valiosos coñecementos que atesoura o Consello da Cultura Galega.

Comisariados de exposicións
Entre as actividades máis importantes do Consello da Cultura Galega cóntase a organización de congresos ou encontros e a montaxe de cxposicións. Os coordinadores de congreso e os comisarios de exposición son designados pola Comisión Executiva, por iniciativa propia ou por proposta da sección ou arquivo promotor da correspondente actividade.








 

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205