DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións





ORGANIZACIÓN
DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA


Funcionamento dos órganos de Goberno

A actividade do Consello da Cultura Galega realizarase mediante a actuación de dous órganos de goberno: o Pleno e a Comisión Executiva.
O Pleno é o que decide sobre as distintas liñas de actuación e sobre os proxectos de investigación que van ser levados adiante, mentres que a execución dos actos decididos é responsabilidade da Comisión Executiva, mediante ás instruccións que lle vai dar ó Secretario. A partir de aí cada un dos coordinadores ou directores das distintas Seccións e Arquivos levarán adiante os proxectos presentados seguindo os parámetros decididos pola Comisión Executiva.

Pleno
O Consello da Cultura Galega está integrado por conselleiros, que forman o seu Pleno. É membro nato o/a titular da Conselleria de Cultura

Os demais membros do Pleno sono por elección, segundo un dos seguintes procedementos: unha parte son designados por unha institución como representantes desta, e outra parte, ata dez, son elixidos polo propio Pleno do Consello en votación secreta.

  • Institucións con representación no Pleno do Consello:

    - Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación
    - Fundación Barrié de la Maza
    - Fundación Penzol
    - Fundación Rosalía de Castro
    - Instituto de Estudos Xacobeos
    - Instituto da Lingua Galega
    - Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos
    - Museos de Galicia
    - Real Academia Galega
    - Real Academia Galega de Belas Artes
    - Real Academia Galega de Ciencias
    - Seminario de Estudos Galegos
    - Universidade da Coruña
    - Universidade de Santiago de Compostela
    -
    Universidade de Vigo

O mandato dos conselleiros dura catro anos. Cada dous anos procédese á renovación da metade de cada un dos dous grupos de conselleiros, representativos e electivos, que poden ser reelixidos. Está previsto que o número de entidades representadas no Pleno do Consello se poida incrementar, mediante acordo adoptado pola maioría absoluta dos seus membros daquel Pleno.

Presidente de Honra.

Ten esta consideración o Presidente da Xunta de Galicia


Comisión Executiva
A Comisión Executiva está composta por un presidente, un ou varios vicepresidentes, e un secretario, elixidos polo Pleno entre os seus membros.

Este órgano
orienta a actividade do Consello, coordina o traballo das súas seccións e arquivos, e encárgase de prepara-los asuntos que debe trata-lo Pleno, dando a súa conformidade ou informe sobre os que este fose adoptar acordos, e velando polo cumprimento dos seus acordos. Ademais aproba a realización de seminarios, congresos, simposios e outras actividades que conveñan para o mellor cumprimento dos fins do Consello.








 

 


Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205