DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións





ORGANIZACIÓN
DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA


Arquivos

O seu obxectivo específico é a recolla, recuperación e organización sistemáticas de documentación relacionada co patrimonio cultural galego nos seus respectivos ámbitos de actuación, con vistas á súa conservación, estudio e difusión.


Os destinatarios do labor dos arquivos son por unha parte os membros das seccións e o Pleno do Consello, e por outra os investigadores e profesionais de cada área e mailo público en xeral. Cada arquivo está orientado por un director, designado polo Pleno entre os conselleiros, e unha comisión técnica, composta por entre cinco e dez membros, designados pola Comisión Executiva.


Aínda que orixinalmente os Arquivos foron creados no seo dunha sección e, por tanto, dependían dela na toma de decisión, o Novo regulamento do Consello da Cultura Galega, aprobado o 29 de setembro de 2000, establece que os arquivos pasan a depender directamente do Plenario, quedando independizados das Seccións.

Nestes momentos funcionan no Consello:

- Arquivo de Comunicación. (Director: Xosé López García)

- Arquivo da Emigración Galega. (Director: Ramón Villares Paz)

- Arquivo Sonoro de Galicia. (Director: Ramón Castromil
Ventureira)

- Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. (Director: Henrique Monteagudo Romero)








 

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205