Próximos eventos

Nov

26

Mesa redonda en Vigo sobre PATRIMONIO. MEMORIA E IDENTIDADE

María Victoria Carballo-Calero, Felipe Criado, Anxo Fernández Ocampo, Carlos García Martínez e Iago Seara, en funcións de moderador, reflexionarán e debatirán sobre PATRIMONIO. MEMORIA E IDENTIDADE o mércores, 26 ás 19´30 horas na sala de conferencias do Centro Social Caixanova (rúa Policarpo Sanz, 24-26) de Vigo. É a cuarta e última das mesas redondas programadas a carón da exposición “Galicia 25. Unha cultura para un  novo século”, organizada polo Consello da Cultura Galega e que continúa aberta nas salas de Caixanova ata o 30 de novembro.

Dec

2

Foro “Cultura e política: Debates contemporáneos”

Os días 2 e 3 de decembro terá lugar o Foro “Cultura e política: Debates contemporáneos”, coordinado por Ramón Máiz e con Antón Baamonde como secretario. Os dous grandes temas a tratar serán: “Identidades colectivas, pluralismo e democracia” e “Universalismo e particularismo na sociedade post-secular”. É o sexto, e último, foro de debate organizado este ano polo CCG para conmemorar os seus primeiros 25 anos (1983-2008). 

Nov

28

I Foro de Cultura Local

O Consello da Cultura Galega promoveu e convocou o “Foro de Cultura Local“ para reflexionar sobre o papel actual das asociacións de cultura local. Trátase de definir novas vías, instrumentos e horizontes de actividade cara ao futuro. Intervirán: José María Pérez (PERIDIS), Juan Carlos Prieto, Pablo Meira, Carlos Méixome, Carlos Forcadell, Manuel Gago e Alfredo Erias. Participarán representantes de diferentes concellos galegos. 

Noticias

“Papé’s de emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846″, xa na mediateca.

O estudo da traxectoria do galego na prensa de inicios do século XIX é un labor que distintos investigadores, particularmente do eido filolóxico, abordaron de xeito illado nos últimos anos. As descubertas en bibliotecas e arquivos privados deron azo a que de cando en cando as revistas científicas trouxesen á luz documentos en galego inéditos ou longo tempo ignorados, que levaban máis dunha centuria durmindo no fondo das gabetas, documentos en moitos casos de grande importancia non só para a historia da nosa lingua senón para a historia da comunicación en Galicia. Agora, sae á luz este novo traballo, que trata de conformarse como un dos máis completos dentro do seu xénero.

Máis de dez mil persoas visitaron xa en Vigo a exposición “Galicia, unha cultura para un novo século”, organizada polo Consello da Cultura Galega

logo_xranoticia.jpg

Logotipo oficial da exposición dedicada ao 25 aniversario do Consello da Cultura Galega

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2008- Mais de dez mil persoas visitaron xa a exposición interactiva “Galicia 25. Unha cultura para un novo século” organizada polo Consello da Cultura Galega e aberta desde o pasado 1 de outubro en tres salas dos Centros Cultural e Social de Caixanova, en Vigo. A mostra, que permanecerá nos escenarios vigueses ata o 30 de novembro e percorrerá logo outras cidades galegas, culmina o programa de actividades levado a cabo neste ano polo Consello da Cultura para conmemorar os seus primeiros 25 anos (1983-2008) baixo o lema “crear cultura, imaxinar país”.

Continúe lendo…

“Os editores son os auténticos interlocutores do libro galego no mundo”, subliñan as conclusións do V Simposio “O Libro e a Lectura”

clausuravlibrolecturaii.jpg

Alfonso García Sanmartín (presidente da AGE), Víctor F. Freixanes e Fran Alonso (vicepresidente da AGE), durante o acto de clausura

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2008.- ”A presenza dos editores nas feiras debe realizarse desde criterios profesionais, facultando e dotando de medios aos editores e evitando que as dinámicas das feiras se movan baixo criterios políticos ou con excesivo peso institucional . Os editores son os auténticos interlocutores do libro galego no mundo” .  Esta é unha das principais conclusións do V Simposio O Libro e a Lectura “O Libro galego no mundo: presente e futuro”, organizado pola Asociación Galega de Editores (AGE) e celebrado, en colaboración co Consello da Cultura Galega (CCG), no salón de actos desta institución. O simposio, que contou coa asistencia de cen profesionais e estudiosos do mundo da edición, subliñou asemade o papel “fundamental do comercio exterior para o desenvolvemento do libro e a consolidación da cultura e da lingua galegas”.

Continúe lendo…