Xullo
23
A exposición itinerante NÓS MESMOS. ASOCIACIONISMO GALEGO NA EMIGRACIÓN, organizada polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración, e en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, foi inaugurada o día 23 de xullo na Delegación da Xunta en Bós Aires (Arxentina), onde poderá visitarse ata finais de agosto. Outra versión desta mostra pode verse ata o 26 de xullo no Centro Galego de Lisboa.
Pode descargar o libro da exposición dende a Mediateca do Consello da Cultura Galega
Set
18
Os días 18 e 19 de setembro, en sesións de mañá e tarde, o Consello da Cultura Galega reunirá o foro de debate “Creación artística e identidades culturais” co obxectivo de estudar a situación da cultura contemporánea desde o punto de vista das artes visuais. Coordinado por María Luísa Sobrino e con Pedro de Llano Neira como secretario, o foro é o cuarto dos seis programados este ano para conmemorar os 25 anos da institución (1983-2008).

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2008.- A exposición “Galicia, o sorriso de Daniel”, promovida polo Consello da Cultura Galega, será inaugurada o 15 de xullo na Casa-Museo de Monçao-Portugal (rúa Conselleiro Joâo da Cunha, 46), dependente da Universidade do Minho, onde poderá ser visitada ata finais de agosto. No acto inaugural, previsto para as 15 horas (hora portuguesa) intervirán: Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura, e Viriato Capela, vicerrector da Universidade do Minho e director da Casa-Museo. A mostra pode verse asemade durante todo o mes de xullo nos espazos da Intendencia Municipal de Montevideo (Uruguay).

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2008.- O Pleno do Consello da Cultura Galega aprobou esta tarde o plan de actividades e o anteproxecto de presuposto para 2009. Tamén agradeceu a aprobación, no día de hoxe por parte do Consello da Xunta de Galicia, do novo Regulamento de Réxime Interno. O Pleno deu o visto e prace á creación de seis grandes Seccións e á designación dos seus coordinadores. A sesión celebrouse no ecuador dun ano no que a institución está a conmemorar o seu primeiro cuarto de século con actividades, centradas particularmente nos foros de debate e exposicións dentro e fora de Galicia, baixo o lema “crear cultura, imaxinar país”. O Consello da Cultura Galega, institución estatutaria de carácter asesor e consultivo e con capacidade de iniciativa, investigación e organización, foi creada por Lei do Parlamento de Galicia (Lei 8/1983 do 8 de xullo).
O obxectivo do foro foi ofrecerse como ámbito de análise sobre a situación presente e as perspectivas de futuro do idioma galego, no marco dunha reflexión de horizonte alongado sobre as condicións da sustentabilidade da diversidade lingüística no mundo contemporáneo e dun debate sobre as fórmulas de convivencia nas sociedades plurilingües.
FORO DE DEBATE
Creación artística e identidades culturais
18 e 19 de setembro
DOCUMENTOS E INFORMES
Anuario de Estatísticas Culturais
Descargue o libro
FORO DE DEBATE
Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade
Consulte os materiais