|
O 24 de xullo de 1956, o Teatro Castelao do Centro Galego
de Bos Aires viviu unha emocionante xornada. Eduardo Blanco
Amor, dirixindo a varios destacados actores galego-arxentinos,
organizou un recital que pretendía abranguer toda a
literatura galega até a actualidade do momento.
Recuperamos esta edición histórica, localizada
nos arquivos do Centro Galego de Bos Aires e editada por primeira
vez polo Arquivo
Sonoro de Galicia en 1998. Esta é a versión
dixitalizada desta emocionante traxectoria pola historia da
poesía galega nas voces de Eduardo Blanco Amor, Fernando
Iglesias "Tacholas", Lito López, Lita Soriano,
Anita Fontao e Pilar Lebrón.
Pode escoitar o audio en MP3 pinchando sobre o título
de cada un deles.
Coordinación Editorial: Afonso Vázquez-Monxardín;
Transcrición: Miruca Parga; Limiar: Carlos Laíño
|