|
1.- Información
xeral:
O Consello da Cultura Galega, creado por Lei 8/1983, do 8 de xullo,
é un ente estatutario con personalidade xurídica propia
ao que lle compete a defensa e promoción dos valores culturais
do pobo galego. O domicilio do Consello da Cultura é o seguinte:
Pazo de Raxoi, 2º andar. 15705 Santiago de Compostela - Galicia
- (España). Tfno.: 981957202; Fax: 981957205. O correo electrónico
de contacto é correo@consellodacultura.org. O CIF da entidade:
Q6550003E.
O Consello da Cultura Galega é titular dos nomes de dominio
culturagalega.org e
consellodacultura.org.
2.- Dereito
de propiedade industrial e intelectual:
O Consello da Cultura Galega é titular ou ten os dereitos
de explotación da propiedade intelectual e industrial e de
imaxe sobre os contidos dispoñibles a través do portal
culturagalega.org e
da web consellodacultura.org.
O acceso dos usuarios aos citados dominios non implica baixo ningún
concepto a renuncia, transmisión, licenza ou cesión
total nin parcial daqueles dereitos por parte do Consello da Cultura
Galega nin, de ser o caso, outros titulares do contido publicado.
Non está permitido eliminar ou modificar o aviso de dereitos
de autor ou mesmo a titularidade dos contidos das páxinas
do Consello da Cultura Galega. Os contidos dos dominios consellodacultura.org
e culturagalega.org
quedan sometidos á licenza copyleft, polo que na súa
virtude o usuario poderá copiar, distribuír ou publicar
os contidos a condición de que cite con claridade a súa
procedencia das fontes do Consello da Cultura Galega e, se é
o caso, a autoría do arquivo, e non os modifique, quedando
ademais obrigado a manter esta mesma licenza e requisitos de identificación
do CCG como fonte de procedencia nas sucesivas publicacións
e distribucións. Esta licenza só será aplicada
a aqueles contidos localizados en páxinas dos sitios do CCG
nas que figure expresamente indicada unha autorización ao
respecto. No resto dos contidos, salvo autorización expresa
e escrita do CCG, non se permite modificar, copiar, reempregar,
explotar, reproducir, comunicar publicamente ou distribuír
de calquera forma a totalidade ou parte dos contidos incluídos
nos devanditos dominios para propósitos públicos ou
comerciais.
3.- Réxime
de prestación dos servizos e responsabilidade:
Consonte os labores atribuídos ao Consello da Cultura respecto
da defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego,
o acceso ao portal e á páxina web do Consello da Cultura
é libre e gratuíto, sen que tal carácter exclúa
a posibilidade de que se exerciten ou publiciten accións
baixo custo ou prezo.
O Consello da Cultura non se fai responsable das distintas opinións
dos seus colaboradores nin dos terceiros e particulares que participen
nas distintas seccións da web do Consello e o portal culturagalega.org.
O Consello da Cultura non pode garantir a fiabilidade, veracidade,
corrección e utilidade dos servizos e informacións
que presta na rede, nin garante a súa continuidade.
Os usuarios da web e do portal do CCG comprométense ao emprego
adecuado dos contidos, servizos e información que se ofrecen
nas citadas páxinas e a non darlles uso para incorreren en
actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa
fe e á orde pública; a non difundir contidos ou propaganda
de carácter racista, xenófobo, pornográfico,
de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos
humanos; a non provocar danos nos sistemas informáticos do
Consello da Cultura Galega ou de terceiras persoas ou suplantar
a súa personalidade ou rexistro. Así mesmo, queda
prohibido o uso de calquera clase de información obtida a
través da web e do portal do Consello da Cultura Galega para
remitir aos usuarios ou terceiros comunicacións comerciais
non solicitadas, así como a comercialización ou difusión
de datos persoais nun sentido amplo -incluíndo os enderezos
electrónicos- que poidan obterse nos precitados dominios.
O Consello da Cultura non se responsabiliza dos danos ou molestias
que calquera persoa cause infrinxindo estas normas e condicións
de uso.
O establecemento de enlaces polo Consello da Cultura a sitios web
alleos non implica responsabilidade de ningún tipo respecto
do contido daqueles sitios. O establecemento de enlaces por terceiros
con destino aos dominios culturagalega.org e consellodacultura.org
débese efectuar como enlace absoluto, sen que sexa aceptable
a inclusión como parte na web do terceiro mediante marcos,
ferramentas de buscador ou outras que menoscaben a integridade da
información ou servizo ofrecido polo Consello da Cultura.
O CCG desautoriza expresamente, declinando calquera responsabilidade
que poidan xerar tales actuacións, o establecemento de enlaces
a páxinas dos seus dominios dende aquelas webs de terceiros
nas que se desenvolvan actividades ilícitas, ilegais ou contrarias
á boa fe e á orde pública; nas que se difundan
contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo,
pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio
contra os dereitos humanos; ou as susceptibles de provocar danos
nos sistemas informáticos.
4.- Privacidade
dos datos de carácter persoal:
O Consello da Cultura Galega recada datos e información persoal
ou colectiva respecto dos usuarios da súa páxina web
institucional e do portal culturagalega.org de acordo coas seguintes
prescricións, que garanten o cumprimento das disposicións
legais aplicables e resultan adecuados, pertinentes e non excesivos
respecto do seu ámbito e das finalidades determinadas e explícitas
para as que se obteñen.
4.1.- Transmisión pasiva de información:
A simple navegación polos dominios de titularidade do Consello
da Cultura Galega proporciona á dita institución
información maiormente estatística e absolutamente
anónima, que non se refire a ningún usuario concreto
nin identificable. A concreta información que se obtén
deste xeito é o nome do ISP (provedor do servizo de internet
do usuario), a data e hora do acceso ao dominio do CCG e a duración
da conexión, a cantidade de usuarios que acceden á
web e ao portal e ás distintas seccións destes,
e os logs de enderezo electrónico dende o que procede o
usuario que accede no caso de que sexa un enlace dende outra web.
O Consello da Cultura Galega non emprega, polo de agora, sen que
isto signifique a súa renuncia a facelo nun futuro se o
estima necesario, dispositivos de almacenamento e recuperación
de datos en equipos terminais (cookies).
4.2.- Transmisión
activa da información por parte dos usuarios:
Determinados
actos de participación dos usuarios nos contidos de culturagalega.org
e consellodacultura.org implican a necesidade de cesión
ao CCG de determinados datos persoais, que se concreta mediante
a utilización de formularios. Os datos recollidos serán
empregados polo Consello da Cultura Galega de acordo coa finalidade
concreta con que se recollen e se menciona no propio formulario,
ademais do seu tratamento con fins estatísticos. O carácter
facultativo ou obrigatorio das respostas indícase cun asterisco,
e as consecuencias da negativa a facilitar os datos obrigatorios
circunscríbese á imposibilidade, se é o caso,
de accederen ao servizo solicitado.
Os usuarios
aceptan que os datos persoais proporcionados ao CCG no momento
do seu rexistro ou calquera outro facilitado para o seu acceso
a servizos dos dominios culturagalega.org e consellodacultura.org,
como son a inscrición en boletíns de novidades,
solicitude de consultas e suxestións, acceso a arquivos,
listas de distribución, foros e calquera outros de similar
natureza, sexan incorporados a ficheiros de titularidade do Consello
da Cultura Galega, coa finalidade de facilitar a prestación
dos servizos solicitados, a correcta identificación dos
usuarios que os solicitan cando é necesario, para fins
estatísticos, para a xestión de tarefas de administración
e para mantelos informados, ben por correo electrónico
ben por calquera outro medio, de novidades e servizos nos citados
dominios ou naqueles que o Consello estime que poden resultar
de interese para o usuario. Os ficheiros de datos do Consello
da Cultura Galega respectan as medidas de seguridade previstas
nos artigos 8 ao 14 do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.
As empresas
e profesionais que remiten os seus datos e producións para
seren incluídos no portal culturagalega.org, atendendo
aos fins de promoción, difusión e publicación
dos produtos da industria cultural galega, quedan excluídas
desta cláusula de privacidade. O Consello da Cultura Galega
non se responsabiliza da utilización que os subscritores
e terceiros poidan facer respecto das producións que se
inclúan no soportal.
En calquera momento, os usuarios poden exercitar os seus dereitos
de acceso, rectificación, cancelación e oposición
mediante solicitude para o efecto, que deberá dirixirse
á Xerencia do Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi,
2º andar 15705 Santiago de Compostela, ou ben aos enderezos
electrónicos director@culturagalega.org
e correo@consellodacultura.org.
5.- Vixencia
da nota legal:
O Consello da Cultura reserva para si o dereito de modificar, dentro
das marxes legais, as condicións anteriormente referidas,
sen que tal modificación afecte ás condicións
en que os usuarios cederon os seus datos persoais, que non se modificarán
sen o seu consentimento.
Así mesmo, o Consello da Cultura reserva o dereito a finalizar
ou interromper o acceso á web e ao portal e a prestación
dos servizos que leva a cabo vía internet, sen que iso poida
dar lugar a dereito a indemnización ningunha aos usuarios
e terceiros.
|