Tambor e pito (frauta)

Un dos instrumentos de máis longa tradición en practicamente toda Europa foi o tambor e a frauta tocados pola mesma persoa. O músico manexa a frauta con tres dedos da man esquerda, mentres coa man dereita percute, cun único pau, nun tambor pendurado do brazo esquerdo. Consérvanse abundantísimas referencias iconográficas desde instrumento desde o alto medievo que indican que operou na música tradicional europea desde hai moitos séculos. Malia existiren iconografías que testemuñan a súa presenza en Galicia, durante o século XX xa non foi un instrumento empregado na nosa terra, ou polo menos non demos achado ningún tocador do instrumento. Deixamos unha explicación máis ampla deste conxunto para cando falemos do pito ou chifra, pois o tambor que facía parte deste conxunto en nada se diferenciaba daquel que vimos describindo, estando composto por un cilindro de madeira cuberto por dúas peles que son tensadas mediante uns aros de madeira entrelazados por unha corda en zigzag.

Patrocinadores e colaboradores