Xogos de botellas

Trátase dun instrumento musical do que temos moi poucas referencias. Soamente algún portador nos ten comentado que nas feiras algún ambulante facía música empregando varias botellas cheas con diferentes cantidades de auga, nas que batía cun pauciño ou un ferriño, atraendo así á xente para pedir esmola ou para vender algunha copla. Este instrumento témolo documentado tamén como un xogo de nenos.

Os xogos de botellas pertencen ao grupo 111.23 “Tubos percutidos” da clasificación de Hornbostel e Sachs. No noso sistema de cultura tradicional non se considera un instrumento musical, senón máis ben unha curiosidade ou un xogo de nenos.

Patrocinadores e colaboradores