Cornetas (de empates)

Na comarca de Terra de Melide puidemos documentar outro sinxelo óboe cónico bastante semellante ás tobas, fabricado tamén con codia de castiñeiro. Chamábanlles cornetas e, esta vez, o tubo do instrumento construíase empatando cilindros de codia cada vez de máis diámetro, en troques de empregar unha longa tira enrolada en espiral como no caso das tobas. Estas cornetas levaban normalmente tres furados para os dedos, situados sempre preto do extremo proximal (o que se mete na boca) que é o que leva a pipa, a lingüeta dupla feita tamén de codia de castiñeiro. Debemos apuntar que nesta zona os portadores consultados descoñecen a fabricación e uso das gaitas de castiñeiro.

Estas cornetas foron instrumento de rapaces e tiñan, polo tanto, carácter masculino. Eran consideradas como un xoguete.

Na clasificación de Hornbostel e Sachs pertencen ao grupo 422.112 dos óboes illados de tubo cónico.

Patrocinadores e colaboradores