Aerófonos de sopro ou instrumentos de vento propiamente ditos

Nesta categoría sitúanse todos aqueles instrumentos musicais nos que o aire vibrante está limitado por unha cavidade, o corpo do instrumento. Diferéncianse tres grandes subtipos: os instrumentos de sopro directo que non son frautas (grupo 420 da clasificación de Hornbostel e Sachs), as frautas propiamente ditas (grupo 421) e os instrumentos de lingüeta (422) que inclúen ás familias dos clarinetes, óboes e trompas (cornos e trompetas). -Schaeffner 1 propón un esquema hipotético da súa xenealoxía na que os instrumentos de cavidade como asubíos, frautas e despois as trompas, en orde de antigüidade, son anteriores aos instrumentos de tubo: os clarinetes (máis antigos) e os óboes (quizais máis recentes).

Ver notas
  1. [1] Schaeffner, A. L’origine des instruments de musique. Introduction ethnologique à l’histoire de la musique instrumentale. Ed. Payot. Paris, 1936, pp. 276-277.
Patrocinadores e colaboradores