Aerófonos de lingüeta

Unha lingüeta é un mecanismo que interrompe o paso do aire periodicamente, con moita rapidez, xerando así unha vibración que se comunica á columna de aire contida no corpo do instrumento. Diferéncianse tres clases de aerófonos dependendo de cal sexa o tipo de lingüeta empregada para poñer o aire en vibración. Se están formadas por unha soa lámina denomínanse lingüetas sinxelas, como os pallóns das nosas gaitas de fol, e forman a familia dos clarinetes; se as lingüetas teñen dúas laminiñas, caso das palletas das nosas gaitas de fol, chámanse lingüetas duplas e forman a familia dos óboes; por último, se a lingüeta a forman os propios beizos do tocador que emite un prrrrrrrrr! continuo con eles, estamos a falar de lingüetas membranosas, así se fan soar trompetas e cornos que son os primeiros aerófonos de lingüeta dos que imos falar.

Patrocinadores e colaboradores