Aerófonos de lingüeta membranosa

Denomínanse así os aerófonos nos que a columna de aire é posta en vibración mediante un movemento dos beizos1. En Galicia podemos diferenciar dous tipos: uns son melódicos e secasí con eles pódense emitir varias notas, están asociados a algunhas ocasións rituais e denomínanse cornetas; os outros non son melódicos, só emiten un son e úsanse normalmente como instrumentos de transmisión de sinais, son os cornos e as buginas.

Ver notas
  1. [1] A orixe deste xeito de emitir son cos beizos, e polo tanto a orixe deste tipo de instrumentos musicais, podería acharse nalgúns reclamos de caza como o que se emprega para as perdices e paspallás. Falaremos deste reclamo ao tratarmos os aerófonos corporais.
Patrocinadores e colaboradores