3. Os cordófonos


Os cordófonos son instrumentos nos que o son se produce pola vibración de cordas tensadas entre dous puntos. As cordas poden ser golpeadas con pauciños, tanxidas directamente cos dedos ou cun plectro, tocadas cun arco, unha roda ou feridas polo vento. A confusa multitude de instrumentos de corda pode reducirse a tres tipos fundamentais: cítaras, laúdes e arpas.

31 CORDÓFONOS SIMPLES OU CÍTARAS. O soporte das cordas e o resoador poden ser afastados sen destruír o instrumento.

311 CÍTARAS DE VARA. O soporte das cordas ten forma de vara.

311.1 Arcos musicais. A vara é flexible e cúrvase para manter a tensión na corda.

311.11 Arco musical idiocordo. A corda está tallada parcialmente na mesma cana á que se mantén unida polos extremos.

311.111 Arco musical mono-idiocordo, é dicir, dotado dunha soa corda.

311.112 Arco musical poli-idiocordo ou arpa arqueada.

311.12 Arco musical heterocordo. A corda é dun material diferente que a vara.

311.121 Arco musical mono-heterocordo.

311.121.1 Sen resoador.

311.121.11 Sen lazada de afinación.

311.121.12 Con lazada de afinación atada á corda e dividíndoa, polo tanto, en dúas seccións.

311.121.2 Con resoador.

311.121.21 Resoador independente.

311.121.22 Resoador incorporado.

311.121.221 Sen lazada de afinación.

311.121.222 Con lazada de afinación.

311.122 Arco musical poli-heterocordo.

311.122.1 Sen lazada de afinación.

311.122.2 Con lazada de afinación.

311.2 Cítaras de mango. O soporte das cordas ou mango é ríxido e non imprime tensión ás cordas.

311.21 Arco musical con pau. O mango finaliza, no extremo superior, cunha corta vara flexible e curva.

311.22 Cítaras de mango propiamente ditas, con resoador externo.

311.221 Cun resoador.

311.222 Con mais dun resoador.

312 CÍTARAS DE TUBO. O soporte das cordas ten forma alongada e coa superficie curva, é dicir, é cilíndrico.

312.1 Cítaras de tubo enteiro.

312.11 Cítaras de tubo idiocordas. As cordas están parcialmente talladas no mesmo tubo. Violín de millo.

312.12 Cítaras de tubo heterocordas. As cordas son dun material diferente ao do tubo.

312.121 Sen resoador adicional.

312.122 Con resoador adicional.

312.2 Cítaras de medio tubo, coa superficie cóncava.

312.21 Cítaras de medio tubo idiocordas.

312.22 Cítaras de medio tubo heterocordas

313 CÍTARAS CON FORMA DE BALSA. O soporte das cordas está formado por diversas canas atadas en forma de balsa.

313.1 Cítaras con forma de balsa idiocordas.

313.2 Cítaras en forma de balsa heterocordas.

314 CÍTARAS DE TÁBOA. O soporte das cordas é plano, tanto na superficie como na base.

314.1 Cítaras de táboa propiamente ditas. O plano das cordas é paralelo ao da táboa.

314.11 Sen resoador.

314.12 Con resoador.

314.121 Con resoador cóncavo (cunca).

314.122 Con resoador de caixa. Cítara, kantele, salterios.

314.2 Variacións da cítara de táboa. O plano das cordas forma ángulo recto coa táboa.

314.21 Cítara de chan. O mesmo chan serve de soporte a unha soa corda.

314.22 Arpa-cítara. Unha táboa serve de soporte ás cordas, a ponte está provista de regos para as cordas.

315 CÍTARAS DE ARTESA. As cordas están tensas sobre unha depresión cóncava.

315.1 Sen resoador.

315.2 Con resoador.

316 CÍTARAS DE MARCO. As cordas áchanse tensas nun marco aberto.

316.1 Sen resoador.

316.2 Con resoador.

32 CORDÓFONOS COMPOSTOS. O soporte das cordas e a caixa de resonancia non poden ser afastados sen destruír o instrumento.

321 LAÚDES. O plano no que as cordas son tensadas é paralelo á táboa sonora ou tapa de harmonía. Na maioría dos casos as cordas son pisadas, podendo ser feridas empregando os dedos (rasgado, beliscado) ou refregando con arcos, rodas ou fitas. As caixas de resonancia dos laudes foron orixinalmente codias ou cascas de froitos, polo que moitos conservaron a súa forma cóncava. Todos os laúdes galegos (guitarras, zanfonas, rabeis e a familia enteira do violín) pertencen á categoría dos denominados laúdes curtos, nos que o pescozo ou brazo é, morfoloxicamente falando, unha prolongación do corpo que poucas veces acada a lonxitude daquel.

321.1 Laúdes de mango arqueado. As cordas teñen cadanseu mango ou soporte arqueado e flexible. Pluriarco.

321.2 Laúdes ou liras de xugo. Carecen de brazo, as cordas están tensadas sobre un xugo. Este xugo está formado por dous brazos que suxeitan un traveseiro sobre o que se atan ou suxeitan as cordas por diferentes sistemas. Nas liras as cordas sempre discorren no mesmo plano que a táboa de resonancia, e poden ser feridas cos dedos ou mediante arcos.

321.21 Liras con unha cavidade cóncava como resoador.

321.22 Liras de caixa.

321.3 Laúdes con brazo. As cordas son tensadas claramente sobre un brazo. Se hai xugo este é puramente ornamental.

321.31 O brazo atravesa diametralmente o resoador.

321.311 O resoador é unha cavidade natural de forma cóncava (baleirada ou furada).

321.312 O resoador é unha caixa de madeira.

321.313 O resoador é un tubo atravesado diametralmente polo brazo.

321.32 O brazo está fixado ao resoador, sen atravesalo, mediante unha quilla.

321.321 O resoador é de forma cóncava.

321.322 A caixa de resonancia non é de forma cóncava. Rabel, violín, zanfona, organistrum, guitarra, laúde, bandurra e mandolina.

321.33 O brazo atravesa ata a metade do resoador 1.

322 ARPAS. O plano das cordas forma, aproximadamente, ángulo recto coa tapa de resonancia. En todos estes instrumentos as cordas son beliscadas cos dedos.

322.1 Arpas abertas, sen columna.

322.11 Arpas abertas arqueadas (ángulo superior a 90º).

322.12 Arpas abertas angulares (ángulo menor de 90º).

322.2 Arpas con marco, as dotadas de columna.

322.21 Sen mecanismos de afinación. Arpas medievais.

322.211 Diatónicas.

322.212 Cromáticas.

322.212.1 Cordas nun só plano.

322.212.2 Cordas en dous planos cruzados.

322.22 Con mecanismos de afinación.

322.221 Manuais.

322.222 De pedal.

323 ARPAS-LAÚDE. O plano das cordas forma ángulo recto coa táboa de harmonía e a ponte está perforada para poderen pasar as cordas. Kora.

Para aclarar o máis posible os métodos de obtención do son nos cordófonos, os seguintes sufixos poden ser aplicados aos anteriores apartados:

-2 O son prodúcese refregando.

-21 Refregando directamente a corda.

-22 Refregando o soporte das cordas.

-3 O son é producido pola acción do aire.

-4 As cordas son percutidas con martelos ou mazos.

-5 As cordas póñense en vibración empregando os dedos.

-6 Úsase un plectro para ferir as cordas.

-7 Por presión sobre as cordas, que toman forma arqueada.

-71 Con arco.

-72 Con roda.

-73 Con cinta.

-8 Instrumento cordófono dotado de teclado.

-9 As cordas férense por unha acción mecánica.

Ver notas
  1. [1] Adición proposta no artigo de Wachsmann, K. “Classification of Musical Instruments”. En: The Galpin Society Journal, 1995, nº14, pp. 3-29.
Patrocinadores e colaboradores