A clasificación de Hornbostel e Sachs


Imos agora ver en detalle a sistematización proposta por Hornbostel e Sachs, non sen antes avisar que o lector, sen problema ningún para comprender perfectamente este traballo, pode pasar directamente á descrición dos instrumentos musicais [71] simplemente sabendo que esta clasificación distribúe os instrumentos musicais en catro categorías fundamentais: idiófonos, membranófonos, aerófonos e cordófonos.

Tamén debemos dicir, antes de comezar, que non puidemos resistir a tentación de crear algún novo apartado dentro desta clasificación cando os que había nos pareceron insuficientes ou cando non daban acubillo a algunha especie galega. Somos conscientes do atrevemento pero pensamos que era necesario proceder así.

Patrocinadores e colaboradores