Neste tipo de membranófonos a vibración da membrana tensa acádase refregándoa de xeitos diversos. En Galicia atopamos só dous xeitos de refregar ligados ao mesmo tipo de instrumento: as zambombas .
Neste tipo de instrumentos musicais unha membrana tensa é posta en vibración debido ao choque dunha corrente de aire contra dela. Existen dous tipos dentro da clasificación de Hornbostel e Sachs: os libres ou de sopro directo (241), ao que… Ver completo
Todos os cordófonos deste grupo que aparecen en Galicia pertencen ao grupo dos laúdes da clasificación de Hornbostel e Sachs.