Corno (con palleta)

Nunhas poucas localidades de Galicia, nomeadamente na comarca de Bergantiños e no concello de Punxín (Ourense), achamos algunha referencia a cornos de vaca nos que, despois de lles cortar a punta, metíaselles unha palleta como a das gaitas de fol. Estes cornos podían levar, como os equipados con lingüetas sinxelas e os soprados directamente coa boca, tres furados para emitir sinxelas melodías, raramente máis. Non foron, en xeral, considerados como instrumentos musicais propiamente ditos, ficando en simples xoguetes de nenos, e polo tanto con carácter masculino.

Serían pois óboes heteroglotos, individuais, de tubo cónico e con furados tonais, polo tanto pertencen ao grupo 422.112.2 da clasificación de Hornbostel e Sachs.

Patrocinadores e colaboradores