Instrumento do día
A palleta
- Palleta da zona occidental de Galicia.
Nos óboes máis sinxelos, e quizais máis primitivos, as lingüetas dobres eran fundamentalmente construídas esmagando a punta dun tubo vexetal que podía ser un talo de gramínea, xunco ou mesmo a codia dunha póla á que se lle retirou o interior de madeira. Así xurdiron probablemente as lingüetas duplas, e en Galicia veremos como, efectivamente, este tipo de lingüetas duplas vexetais se achan asociadas con óboes de luz cilíndrica. Estes son máis antigos que os de interior cónico, que normalmente van xa fornecidos con lingüetas duplas fabricadas en cana, moito máis duradoiras que as vexetais, e que os galegos denominamos palleta.
O dicionario de Eladio Rodríguez (1958-1961) define así unha palleta: “s. f. Estrangul, lengüeta de metal o madera de algunos instrumentos músicos de viento, como el fagot, la chirimía, la gaita gallega, etc. [...] Mollala paleta, beber un trago de vino, cuando se hace con cierta frecuencia y sin detenerse ni sentarse”. 1
As lingüetas duplas dos instrumentos máis antigos fabricábanse simplemente amolecendo a punta dun tubo … Ler máis
Ver notas- [1] Este dito provén seguramente do costume dos músicos de humedecer a palleta para obter un mellor son. ↩
Unha versión interactiva do libro
Este web é a versión interactiva do libro Os instrumentos musicais na tradición galega de Pablo Carpintero Arias e publicado orixinalmente en papel pola Difusora de Letras, Artes e Ideas. Esta versión interactiva, promovida polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, explota as capacidades multimedia e de organización de Internet para difundir universalmente o acervo musical da cultura galega. Ler máis
Máis contidos da edición impresa: Prólogo, Proemio, Agradecementos













