INICIO BOLETÍNS MEDIATECA DIRECTORIO  
 

cdsg@consellodacultura.org
Tel: +34 981 564765 / Fax: +34 981 582985

Untitled Document
Busca no noso web:
 


  Inicio
--------------

Nós

Obxectivos
Membros
Fondos
Publicacións
--------------
Información
Convocatorias
Lexislación
Congresos
Investigación
Dinamización
---------------
Contacto
Consultas
Suxestións
Enderezo

Está en: Noticias> Investigación >Detalle

Dicionario de frecuencias léxicas do galego escrito para nenos
O Grupo de Psicoloxía da Linguaxe (GPL) da Universidade de Santiago publica, en formato CD-Rom, o Dicionario de frecuencias léxicas do galego escrito para nenos.
A importancia deste dicionario reside no aproveitamento multidisciplinar que del se pode facer, xa que é unha ferramenta de utilidade tanto para o ámbito da Psicolingüísica como para o da Sociolingüística e a Didáctica da Lingua.
(Máis información)

2004-06-08 /

Tal e como apuntan as autoras do proxecto, Mª Carmen Teijido López, Mª Luz Pérez Vázquez e Isabel Fraga Carou, trátase dunha base de datos onde se recolle a frecuencia de aparición das palabras nos textos galegos dirixidos a nenos de entre 0 e 12 anos que se publicaron entre 1985 e 1999. O baleirado fíxose na súa maior parte entre os fondos da Biblioteca Nova 33 de Santiago de Compostela, que dispón de practicamente a totalidade dos libros infantís publicados en lingua galega, aínda que tamén se incluíron na selección textos escolares das materias de Lingua Galega e Coñecemento do Medio.

O dicionario está editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago coa colaboración do Consello da Cultura Galega.

A seguir ofrecémoslle, en formato PDF, máis información sobre a súa composición e funcionamento.

 

 

 


----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
  Rúa Galeras, 13, 3º andar - porta 3, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Tel: +34 981 564765 / Fax: +34 981 582985
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
  http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2º andar, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Telf: +34 981 957202 / Fax: +34 981 957205
Aviso Legal



Warning: Unknown: 1 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0