DISPOÑIBLE EN

GL
EN
ES

CONTACTAR

ACERCA DE LOIA

O GALEGO HOXE

Feitos actuais
Explore a través das nosas gráficas a situación actual da lingua galega

A comunidade lingüística galega está formada polos falantes que habitan os territorios historicamente de fala galega, xunto con pequenas colectividades que quedan fóra das fronteiras destes. Caracterízase por ser unha comunidade que se desenvolve nun contexto de contacto lingüístico, tanto en Galicia como fóra dela. No que ven a seguir concentrarémonos na situación de Galicia. Aquí, as linguas que coexisten son o galego e o castelán.

A información que presentamos está extraída en parte da publicación A Sociedade Galega e o Idioma: a evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003), elaborada pola Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega.

Unha descrición pormenorizada dunha situación sociolingüística fundaméntase nunha serie de indicadores esenciais. Podemos considerar que as básicas son a "lingua inicial" (a lingua ou linguas nas que as persoas aprenden a falar), a "lingua habitual" (a lingua ou linguas nas que as persoas falan normalmente), as "competencias lingüísticas" (a capacidade que teñen os falantes para entender, falar, ler e escribir) e as "actitudes lingüísticas", que son as ideas e opinións que teñen os falantes sobre as linguas. Coñece unha descrición básica da situación sociolingüística de Galicia en atención a estes parámetros.