TIPO DE MATERIAIS: carpeta con fichas, xornal escolar, adhesivos, carta aos Reis Magos e un conto.
ORGANISMO: Concello de Vigo, coa colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística.
ANO: 1994-1995.
DESTINATARIOS: cidadanía de Vigo en xeral, con especial atención ao ámbito do ensino non universitario.
OBXECTIVOS: introducir contidos de sociolingüística no ámbito do profesorado non universitario e concienciar ao mesmo para incrementar o uso da lingua galega nas súas clases.
CARACTERÍSTICAS: campaña ampla que inclúe unha carpeta con 20 fichas, que se foron entregando ao longo do curso, coa intención de presentar dun xeito claro algunhas ideas esenciais da sociolingüística aplicada ao ensino. Suso de Toro é o autor do conto, e nel móstrase unha situación de conflito lingüístico.