INICIO BOLETÍNS MEDIATECA DIRECTORIO  
 

cdsg@consellodacultura.org
Tel: +34 981 564765 / Fax: +34 981 582985

Untitled Document
Busca no noso web:
 


  Inicio
--------------

Nós

Obxectivos
Membros
Fondos
Publicacións
--------------
Información
Convocatorias
Lexislación
Congresos
Investigación
Dinamización
---------------
Contacto
Consultas
Suxestións
Enderezo

Está en: De Bolina
Inicio> Dicionarios, léxicos, glosarios e outros recursos

Atopamos 63 recursos


2.mil3
Corrector ortográfico para Office 2000, Office XP e Office 2003.
Corpus de Referencia do Galego Actual
Colección de textos en formato electrónico que conta na actualidade con 25 millóns de formas que representan o uso lingüístico do galego actual.
Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI)
Corpus textual de rexistros especializados de lingua galega contemporánea oral e escrita, elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
Dicionario CLUVI inglés-galego
Dicionario en liña inglés-galego elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo a partir dun corpus representativo de textos ingleses traducidos ao galego.
Dicionario da CRTVG
Dicionario de lingua galega en liña que ofrece no seu web a Compañía de Radio - Televisión de Galicia.
Dicionario da Real Academia Galega
Dicionario de lingua galega en liña editado pola RAG e o ILG que contén arredor de 25 000 entradas.
Dicionario da vestimenta tradicional galega
Obra que recolle os termos fundamentais da vestimenta e o traxe tradicional galegos, xunto coa súa definición e contextos de aparición.
Dicionario de galego Ir Indo
Dicionario de galego en liña con máis de 65 000 entradas adaptadas á normativa ortográfica oficial. Xunto coa información de cada entrada, achéganse as equivalencias en portugués, español e inglés.
Dicionario de SMS en galego
Dicionario de termos SMS en lingua galega publicado pola Asociación de Usuarios de Internet.
Dicionario electrónico Estraviz
Versión electrónica do Diciónario Estraviz, que inclúe 121.505 entradas e permite facer as buscas tanto na norma AGAL como na normativa oficial aprobada pola RAG.
Dicionario galego - alemán
Ferramenta lexicográfica que ofrece no seu web a Real Academia Galega.
Dicionario Galego das TIC (DIGATIC)
Proxecto desenvolvido pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG) que, na súa versión en liña, inclúe 4 000 termos do ámbito tecnolóxico en galego.
Dicionario Galego de Construción Naval
Obra lexicográfica que define en galego arredor de 2000 voces do ámbito da construción naval e achega a tradución dos termos ao castelán, portugués e inglés.
Dicionario galego de termos médicos
Obra lexicográfica de referencia sobre o uso do galego no ámbito da medicina.
Dicionario galego-francés
Programa gratuito deseñado para Windows (versión francesa), que ofrece o portal Freelang.com. O dicionario conta con 1 931 entradas na dirección galego-francés e 1 820 entradas na dirección francés-galego.
Dicionario italiano-galego
Publicación en formato PDF, editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que conta con máis de 10 000 voces do léxico de uso básico do italiano contemporáneo.
Dicionario multilingüe Logos
Sección do portal Logos, especializado na xestión de contidos multilingües, que ofrece un dicionario galego-español-inglés.
Dicionario Visual da Construción
Dicionario visual editado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que contén máis de 6 000 termos en galego e castelán. A obra estruturase en 6 capítulos que conteñen diferentes ilustracións temáticas e a súa correspondente terminoloxía.
E-signovisual
Dicionario virtual de termos tecnolóxicos que combina a lingua de signos española, a lingua galega, as novas tecnoloxías e o software libre.
Galego en liña
Web elaborado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo pensado para ofrecer asesoramento lingüístico a través de internet.
Galinux
Sistema operativo de fontes abertas en lingua galega.
Glosario da Seguridade Social
Glosario multilingüe elaborado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais que compila 319 termos relacionados co ámbito da Seguridade Social.
Glosario de gastronomía
Glosario do libro de receitas A cociñar con Paco Feixó.
Glosario de termos administrativos
Glosario elaborado pola Secretaría Xeral de Emigración, dependente da Presidencia da Xunta de Galicia, que compila un total de 238 termos do ámbito da Administración coas súas correspondentes definicións.
Glosario de termos publicitarios
Pequeno glosario castelán-galego que ofrece o Grupo Galicia Media no seu web.
Glosario do fútbol
Glosario de formas correctas, dúbidas e incorreccións do campo léxico do fútbol.
Glosario do viño
Pequeno glosario que ofrece no seu web a adega Terras Gauda.
Glosario dos incendios forestais
Glosario elaborado pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia que compila 50 termos relacionados cos incendios forestais e mais a súa definición.
Glosario multilingüe de mamíferos e aves
MAGUS: Multilingual Animal Glosary. Amplo glosario multilingüe con entradas en 53 linguas entre as que se atopa o galego.
Glosario multilingüe galego-alemán-inglés-francés
Glosario multilingüe elaborado polo Equipo de Normalización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela que inclúe o léxico básico que acostuma empregarse en calquera dos catro idiomas nas situacións comunicativas máis habituais.
Golfiño
Corrector gramatical de galego para o paquete ofimático libre OpenOffice.org nas súas versións GNU/Linux, Windows e Mac OS con licenza GPL.
Google translate
Servizo de tradución en liña que permite traducir texto e páxinas web desde o galego para varias linguas, e viceversa.
Léxico do medio
Léxico multilingüe coordinado polo Proxecto Linmiter. A versión galega é autoría do Termigal - Centro galego de terminoloxía.
Léxico multilingüe de transporte turístico
Léxico relacionado co ámbito do transporte turístico que contén 255 entradas co seu equivalente nas once linguas que conforman o Proxecto Linmiter, entre as que se atopa o galego.
Léxico panlatino do comercio electrónico
Produto terminográfico que contén arredor de 300 entradas en cada unha das seguintes linguas: catalán, español, francés, galego, inglés, italiano, portugués e romanés.
Obradoiros terminolóxicos da UdC
Vocabularios terminolóxicos de diferentes ámbitos (construción naval, deportes, física e química, matemáticas...) editados polo SNL da UdC.
OpenOffice en galego
Tradución ao galego do paquete ofimático de código aberto OpenOffice 2.0, que inclúe procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, ferramentas para realizar presentacións multimedia...
OrtoGal
Corrector ortográfico de galego en liña elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
Produtos de Microsoft en lingua galega
Sitio web que ofrece a posibilidade de descargar de balde os paquetes de interface en galego para Windows XP e Vista e para o Office 2003 e 2007.
Refraneiro multilingüe
Selección de paremias españolas populares coa súa correspondencia en varios idiomas, incluído o galego.
Repertorios terminográficos galegos
Compilación de recursos terminográficos que achega no seu web o SNL da Universidade de Santiago de Compostela
RILG: Recursos Integrados da Lingua Galega
Proxecto que permite acceder en liña de modo conxunto aos bancos de datos textuais e léxicos desenvolvidos polo Instituto da Lingua Galega, da Universidade de Santiago, e polo Grupo TALG (Tecnoloxías e Apliacións da Lingua Galega), da Universidade de Vigo.
Saborea o galego!
Compilación documental destinada a reforzar a competencia lingüística e o coñecemento normativo no ámbito da Administración local.
Servizo de tradución automática do Instituto Cervantes
Servizo que permite traducir textos e arquivos de texto, así como páxinas web, desde o castelán ao galego, francés, inglés ou portugués, e viceversa.
Tesouro Informatizado da Lingua Galega
Corpus do galego moderno, elaborado polo Instituto da Lingua Galega, composto por máis de 11 millóns de rexistros e arredor de 90 000 lemas, recollidos todos eles de textos galegos do período que comprende desde 1612 ata a actualidade.
Traducíndote
Tradutor de documentos word e OpenOffice Writer (ODT), deseñado no IES Chan do Monte a partir da tecnoloxía creada no proxecto Opentrand
Tradutor Alén
Asistente de tradución automática castelán-galego adaptado á actual normativa ortográfica.
Tradutor Apertium Español-Galego, Galego-Español
Tradutor automático gratuíto español-galego-español elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
Tradutor automático ES>GL
Sistema de tradución automática, distribuído pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que permite traducir ao galego páxinas web e textos escritos en castelán de ata un máximo de 2 500 caracteres.
Tradutor automático Opentrad
Tradutor automático de código aberto elaborado pola empresa Imaxín Software que permite a tradución bidireccional entre os pares español-galego, portugués-galego e español-catalán.
Tradutores automáticos francés-galego e catalán-galego
Prototipos de tradutores automáticos que facilitan a tradución de textos e páxinas web desde o francés ou o catalán para o galego.
Traduza-g
Sistema de tradución automática español > galego. Pode probar o tradutor en liña con textos de ata un máximo de 100 palabras.
Un idioma preciso
Sección do web do Servizo de Normalización Lingüística da USC, onde se analizan diferentes conceptos usados na linguaxe da comunicación técnica e científica e se propoñen nomes galegos para eles.
Vocabulario da Real Academia Galega
Vocabulario ortográfico en liña coas últimas actualizacións normativas incorporadas.
Vocabulario das artes gráficas
Vocabulario terminolóxico trilingüe (galego-español-inglés) que ofrece no seu web o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
Vocabulario de comunicación comercial
Pequeno vocabulario de arredor de 100 termos pertencentes ao ámbito do comercio.
Vocabulario de informática
Vocabulario trilingüe (galego-inglés-castelán) editado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
Vocabulario de neoloxismos económicos
Compilación de 352 neoloxismos económicos recollidos na prensa, cos respectivos equivalentes en catalán, castelán, francés, galego, italiano, portugués e romanés.
Vocabulario galego-inglés-castelán
Pequeno vocabulario trilingüe.
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega
Vocabulario ortográfico elaborado polo Instituto da Lingua Galega e pola Real Academia Galega, que constitúe o punto de referencia para a grafía correcta do galego e a base para o establecemento do léxico estándar.
Vocabulario panlatino de hemodinámica
Compilación de 242 termos italianos obtidos do baleirado de fontes que documentan o estudo e a aplicación dos métodos do cateterismo, acompañados dos respectivos equivalentes nas seguintes linguas: catalán, español, francés, galego, portugués, romanés, e inglés.
Vocabulario xurídico-administrativo galego-castelán
Repertorio terminolóxico bilingüe do léxico da Administración pública, baseado no Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI)
Vocabularios e léxicos da USC
Vocabularios, léxicos e glosarios elaborados e publicados polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
  Rúa Galeras, 13, 3º andar - porta 3, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Tel: +34 981 564765 / Fax: +34 981 582985
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
  http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2º andar, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Telf: +34 981 957202 / Fax: +34 981 957205
Aviso Legal



Warning: Unknown: 1 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0