T: +34 981 95 72 02
F: +34 981 58 86 99
Correo: asonoro@consellodacultura.org
 
ción


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2006

Manuel Lugrís na voz de Suárez Picallo

Ramón Suárez Picallo (1892-1964) pronuncia en Bos Aires, o 11 de outubro de 1963, a conferencia "Manuel Lugrís Freire en las letras y en la democracia gallegas", con motivo da celebración do primeiro centenario do seu nacemento.

O Arquivo Sonoro de Galicia recuperou este documento histórico dos fondos procedentes do Centro Galicia de Bos Aires, que aglutinou no ano 1979 aos Centros Pontevedrés, Ourensán e Lucense, lugar este último onde se pronunciou a citada conferencia e do que Suárez Picallo foi responsable da Cátedra de Cultura Galega.

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicadas este ano a Manuel Lugrís Freire, o Consello da Cultura Galega quere pór a disposición dos interesados este testemuño sonoro excepcional que permite achegarnos un pouco máis á súa traxectoria e ao seu legado na cultura galega.

Nota ao retrato de Lugrís: o noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez e á Consellería de Cultura e Deporte


 

A conferencia arrinca automaticamente cando se carga a páxina. Pode tardar uns segundos antes de comezar


 

 

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

  http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2º Andar, 15705 Santiago de Compostela, A Coruņa
Telf: +34 981 957202 / Fax: +34 981 957205
Aviso Legal