Ramón Piñeiro: unha voz na colección do ASG

des_pinheiro.jpgA Real Academia dedica o Día das Letras Galegas 2009 a Ramón Piñeiro. Este polifacético intelectual de Láncara (Lugo) foi unha figura relevante do galeguismo interior durante o franquismo e un persoeiro clave para comprender a incardinación do galeguismo no artellamento institucional da Galicia autonómica, chegando a converterse no primeiro Presidente do Consello da Cultura Galega.

O Arquivo Sonoro de Galicia pon ao seu dispor, para o seu uso libre en calquera medio e/ou soporte, unha escolma da colección sonora sobre Ramón Piñeiro. Pódense reproducir estes cortes de audio sen permiso previo, sempre que se acredite a súa procedencia: “Arquivo Sonoro de Galicia – Consello da Cultura Galega”, se faga deles un uso non comercial deles e se distribúan, asímesmo, de acordo coa mesma licenza: Creative Commons 3.0, que pode consultar aquí.

Tertulia sobre as fundacións
Programa radiofónico-RNE
Café Copacabana. A Coruña
Doazón: Avelino Pousa Antelo
8’56’’ / Descarga audio

Da terra e dos tempos : emisión cultural en galego
Programa radiofónico-RNE
30 maio 1974
Doazón: Asociación Cultural O Facho
1’52’’ / Descarga audio

Reflexións sobre o galeguismo
Conferencia
Liceo Recreo Ourensán
1976
Doazón: Liceo Recreo Ourensán
6’51’’ / Descarga audio

O Espello: Trinta anos de Galaxia
Programa radiofónico-Radio Popular de Ferrol
Hotel Compostela. Santiago de Compostela
18 decembro 1980
Doazón: Patronato da Cultura Galega de Montevideo
5’42’’ / Descarga audio

Debate da Lei de Normalización Lingüística
Acto parlamentario
Parlamento de Galicia. Santiago de Compostela
15 xuño 1983
Doazón: Parlamento de Galicia
13’26’’ / Descarga audio

Entrevista a Ramón Piñeiro
Domicilio particular. Santiago de Compostela
1983
Doazón. Antón Mascato
5’33’’ / Descarga audio

Entrevista a Ramón Piñeiro
Domicilio particular. Santiago de Compostela
1983
Doazón. Antón Mascato
4’43’’ / Descarga audio

Encontro sobre culturas minoritarias europeas
Clausura
Hotel Araguaney. Santiago de Compostela
26 setembro 1987
Produción propia
3’50’’ / Descarga audio

Reflexións sobre o galeguismo
Conferencia
Hotel Araguaney. Santiago de Compostela
1988
Doazón: A Nosa Terra
3’50’’ / Descarga audio

Reflexións sobre o galeguismo
Conferencia
Hotel Araguaney. Santiago de Compostela
1988
Doazón: A Nosa Terra
4’25’’ / Descarga audio