SONS

Volver Páxina Principal

Consello Galego de Museos

 
 
Arquivo de son de Galicia
S O N S

Principal | Sons | Música | Lingua | Proxecto


En cada terra do mundo as sociedades tradicionais estableceron unhas formas de comunicación e interacción propias co seu medio natural.
O clima temperado de Galicia é moi chuvioso por sermos as primeiras terras europeas continentais que topan os ventos atlánticos que sopran do oeste. Na nosa capital, Santiago de Compostela, final dun vello camiño de peregrinación coñecido como Camiño de Santiago, chove en torno a dous mil milímetros anuais. Así soa a chuvia na Praza do Obradoiro de Compostela mentres toca a Berenguela, lendaria campá da nosa catedral.
Foto Gamela O noso tamén é o país do mar. Con pouco máis de 29 mil quilómetros cadrados, temos máis de dous mil de costa. Unha boa parte dos seus 2´8 millóns de habitantes concéntrase hoxe nas industriais comarcas costeiras. Tradicionalmente somos un pobo de vocación pescadora que percorre mares cada vez máis afastados en busca de peixe. Así soan os pequenos barcos tradicionais cando chegan a porto logo do duro traballo do mar.
O río Miño organiza unha cunca fluvial na que verten a maioría dos ríos e regatos que percorren o país. En moitos deles estaban asentados muíños de auga, que eran un lugar de encontro de mozos e mozas que se achegaban a moeren os seus grans e, ó tempo, centro da vida folclórica tradicional: a muiñeira é o noso baile típico. Foto Muíño
A humanización da paisaxe e a ocupación do territorio en Galicia é intensísima: vivimos espallados en máis de 32.000 núcleos de poboación. Daquela, na sociedade preindustrial, o chiar do carro servía para anunciar a súa chegada nas estreitas corredoiras e permitir que os outros carros se abeirasen. Foto Carro Tradicional
Un dos vellos oficios que os galegos levamos polo mundo adiante foi o de afiadores. Co son do subiote o vello afiador facía notar a súa presencia nas cidades e chamaba ós clientes. Logo, dándolle á roda, facía xirar o seu esmeril e ía afiando aqueles pezas ­coitelos, navallas, tesoiras­ que lle levaban. As vellas formas de vida, os vellos oficios tradicionais, múdanse en todo o mundo e imos confluíndo en formas de organización social e económica comúns.

Principal | Sons | Música | Lingua | Proxecto


Se vostede ten algúns materiais que puidesen ser do noso interese e quere colaborar connosco, ou ten algunha suxestión que facernos, por favor diríxase ó:
Arquivo Sonoro de Galicia
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi 2º andar
Praza do Obradoiro
15750 Santiago de Compostela
asonoro@consellodacultura.org

© Consello da Cultura Galega, 1999.