Proxecto

Volver Páxina Principal

Consello da Cultura Galega

 
 
Arquivo de son de Galicia
O   N O S O   P R O X E C T O

Principal | Sons | Música | Lingua | Proxecto


O programa ASG leva traballando no seo do Consello da Cultura Galega desde 1992 na recuperación de materiais sonoros, principalmente coleccións de gravacións que corrían o risco de perderse. Para iso contamos coa inestimable axuda dunha ampla nómina de colaboradores, que foron os que proporcionaron a maioría dos materiais que hoxe forman os nosos fondos. Se o desexa, pode consultar unha memoria das nosas actividades ou ver as nosas edicións.
A nosa Fala Gracias á colaboración das sociedades galegas do Río da Prata -fundamentalmente os Centros Galego e Galicia de Bos Aires-, unha parte importantísima da historia da nosa cultura entre os anos 1950 e 1980 está xa a salvo. Tamén as asociacións culturais da Terra son sensibles a este tema e algunhas delas como o Círculo das Artes de Lugo ou O Facho da Coruña nos levan permitíronnos copiar os seus fondos.
 
Moitos particulares, amadores das cuestións culturais, xornalistas, escritores, historiadores, lingüistas, etc. Lévannos facilitado o acceso a uns materiais dos que agora está garantida a conservación.
Recentemente, empezamos o noso traballo para facérmonos cunha copia completa da discografía histórica galega. Tentamos reunir orixinal ou copia de canta gravación sexa editada en Galicia ou fóra dela pero en relación á nosa terra, ó longo do último século. De momento temos reunidas máis de 2.500 pezas en tódolos soportes (LPs, Singles, Casetes, Cartuchos, Discos de 78 r.p.m., CDs, etc.), en proceso de dixitalización para facilitar a súa escoita e garantir a súa conservación.
CD, Sons da Terra
Por outra banda, os índices de materiais editados e inéditos están en avanzado proceso de elaboración e axiña serán postos a disposición pública.

Principal | Sons | Música | Lingua | Proxecto


Se vostede ten algúns materiais que puidesen ser do noso interese e quere colaborar connosco, ou ten algunha suxestión que facernos, por favor diríxase ó:
Arquivo Sonoro de Galicia
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi 2º andar
Praza do Obradoiro
15750 Santiago de Compostela
asonoro@consellodacultura.org

© Consello da Cultura Galega, 1999.