|
 |
|
|
|
 |
| O
N O S O P R O X E C T O M e m o r i a
d a s N o s a s A c t i v i d a d e s |
|
Obxectivos Xerais do noso Traballo |
VOLVER |
| |
-
Localizar a documentación
sonora de todo tipo, en calquera soporte, editada ou inédita, que
tiña relación con Galicia.
-
Promover o interese na conservación
deste tipo de patrimonio cultural.
-
Formar e xestionar fondos propios
de cara a establecer unha base material para a formación da fonoteca
de conservación de Galicia.
|
|
Procedementos Específicos |
VOLVER |
| |
Desde
o inicio do noso proxecto (xaneiro do 92), tratamos de establecer contactos
con todo o mundo que poida ter materiais ou estar interesado no tema e
recadar datos para un inventario dos materiais sonoros que existen no país
e nas colectividades emigrantes.
Ó
tempo, efectuamos copias en soporte dixital (DAT) dalgunhas das máis
sobranceiras coleccións, pois para nós conservar os orixinais
é irrelevante, o transcendente é a información e non
o soporte.
Como
característica especial dos fondos sonoros galegos sinalaremos o
seu esparexemento, a importancia das coleccións privadas de xentes
que gravaron en momentos en que non existían medios institucionais
-nomeadamente CRTVG-, a sobranceira importancia dos materiais do mundo
da emigración en épocas en que o desenvolvemento tecnolóxico
era maior fóra ca en España, e a inexistencia de centros
fabricadores de soportes, o que produce moitas veces depósitos legais
de fóra de Galicia. Os nosos fondos actuais provenientes de coleccións
americanas reúnen varios centos de horas de gravacións de
actos desde 1941 -pero sobre todo dos anos 50 a 70-, nunha época
da que a penas conservamos gravacións de Galicia.
Démoslle
prioridade ó traballo centrado nos materiais non editados, pois
teñen unha problemática de conservación moi específica.
Se dun disco hai mil copias, a gravación dunha conferencia ou dun
recital normalmente é exemplar único. Daquela procedemos
ó contacto e inventario destes recursos e á reunión
de copias cando esto era posible. |
| Se vostede ten algúns
materiais que puidesen ser do noso interese e quere colaborar connosco,
ou ten algunha suxestión que facernos, por favor diríxase
ó: |
Arquivo
Sonoro de Galicia
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi 2º andar
Praza do Obradoiro
15750 Santiago de Compostela
asonoro@consellodacultura.org |
© Consello da Cultura Galega, 1999.
|
|